#Claves de la semana
O TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE ACOLLERA A PRESENTACIÓN O DÍA 24

A miniserie 'Vento Ferido' chegará aos centros educativos transformada en unidade didáctica

A produción foi realizada por alumnado de Comunicación Audiovisual do campus de Pontevedra


|

Carloscasares112

Entre a programación de cursos de verán que cada ano celebra o campus de Ourense está o Curso de Medios Audiovisuais de Celanova, que organiza coa Fundación Carlos Casares. Cada ano, alumnado do grao de Comunicación Audiovisual do campus de Pontevedra asume o reto de facer a gravación expressdunha produción. Na última edición, o traballo dos estudantes callou nunha miniserie sobre a obra de Carlos Casares Vento Ferido


O día 24 de xaneiro o Teatro Principal de Ourense acollerá a presentación pública desta obra e da unidade didáctica literaria e cinematográfica feita ao seu redor, que será distribuída nos centros de ensino galegos. 


Cada vez que facemos unha produción intentamos que non quede no caixón, procuramos darlle percorrido, poñela en valor, convertela en algo útil”, explica Paulino Pérez, responsable cada ano do taller Celanova plató de ficción no marco de cal se fan os proxectos audiovisuais do curso de verán. Nesta ocasión, apunta o docente da Universidade de Vigo, cando se escolleu como tema a obra de Carlos Casares xa empezaron a madurar a idea de facer algún tipo de material didáctico sobre ela, idea que finalmente se levou a cabo grazas á implicación na iniciativa da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, con Paulo Cabral á cabeza. Froito do traballo conxunto preséntase agora unha unidade didáctica en galego destinada ao alumnado de terceiro e cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato.

25 actividades literarias e audiovisuais


A unidade didáctica, comenta Paulino Pérez, contén unha biografía de Carlos Casares; unha unidade didáctica literaria, na que se afonda na obra Vento Ferido e no seu contexto e se propón 18 actividades, e unha unidade cinematográfica que, baixo o título Do papel á pantalla, presenta sete actividades que teñen como obxectivo afondar na creación audiovisual a partir da miniserie realizada polo alumnado do campus de Pontevedra. Entre elas están, por exemplo, a realización na aula da adaptación dalgún dos relatos de Vento Ferido ou dun plano secuencia co teléfono móbil. “O obxectivo é proporcionar aos docentes unha ferramenta que lles facilite abordar esta obra literaria en galego ao mesmo tempo que fomentamos entre o alumnado o espírito crítico e a capacidade de análise. Con este material queremos motivalos a ler, a ver cine e a ser críticos, apostando polo uso de materiais audiovisuais na aula”, apunta o docente da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.


Ventoferido.Principal

Fotograma de Vento Ferido


Segundo explica Paulino Pérez, na produción de Vento Ferido participou un equipo de 24 persoas, alumnado do grao de Comunicación Audiovisual e da Escola de Arte Dramática de Vigo. Parte deste equipo, con Denis Vicente e Nerea Sarmiento á cabeza, tamén se implicou na realización da unidade xunto a un grupo de docentes. Para a difusión deste material, os promotores da iniciativa van a repartir nos centros educativos galegos 225 DVDs que conteñen a miniserie e a unidade didáctica, tanto en formato electrónico como en papel. Ademais, habilitarase unha páxina web onde as persoas interesadas poderán ver e descargar os materiais libremente. “É a primeira vez que facemos algo así e estamos moi contentos polo seu resultado e polo que estamos aprendendo no proceso”, comenta por último Paulino Pérez.


Tanto a unidade didáctica como a nova web serán presentados xunto á miniserie o domingo 24 de xaneiro, ás 19.00 h, no Teatro Principal de Ourense nun acto que os seus organizadores, a Universidade de Vigo e a Fundación Carlos Casares, queren que sexa tamén unha homenaxe ao escritor galego.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE