#Claves de la semana

Medio Rural pide seriedade no conflicto polo prezo da leite

A conselleira Ángeles Vázquez pediulle ás partes do  sector lácteo que cumpran os seus compromisos e "sexan minimamente serios" para que haxa unha subida dos prezos do leite.


|


A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, pediulle  "ás partes" do sector lácteo que cumpran os seus compromisos e "sexan minimamente serios" para que haxa unha subida dos prezos do leite que se traslade en toda a cadea de valor.



A preguntas da prensa este mércores en Santiago, a conselleira de Medio Rural demandou á distribución que sexa "seria", "en primeiro lugar", "xa que se fai un anuncio ha de cumprirse", así como á industria, "porque non pode ser que uns digan que fan unha cousa e outros digan que fan a contraria".



Ademais, aos gandeiros tamén lles pediu "un traballo serio", e volveu a emprazalos a "a unión", á vez que instou ás organizacións de produtores á negociación de prezos.



Preguntada pola protesta que os gandeiros prevén levar a cabo este venres ante a planta de Lactalis en Vilalba (Lugo) por "negarse" a trasladar a gandeiros subidas do prezo do leite da distribución, Ángeles Vázquez admitiu que "é lóxico que o gandeiro teña as súas inquietudes, porque son demasiados meses e demasiado tempo esperando, xa non unha subida estrepitosas, senón unha subida paulatina".



Sobre o cumprimento do acordo lácteo por parte do Executivo central en funcións, Vázquez apuntou "un Goberno en funcións ten que seguir traballando", polo que "insta a que así se faga" e leven a cabo as medidas previstas no pactado o pasado mes de setembro.



Aínda que estaba previsto que o decreto de cesión de prezos --polo que se coñecerán as compravendas da industria-- fose publicado a finais deste mes de xaneiro, aínda non se produciu, sobre o cal a conselleira reiterou que "é fundamental para dar un mínimo de estabilidade".



Por iso, "urxe" a que se publique este decreto, pois "non ten que ser impedimento que haxa un Goberno en funcións" e así llo trasladou á ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, que lles comunicou que "se está facendo todo o posible" para que salga "canto antes". Xunto a iso, remarcou a necesidade de que haxa un texto que regule aos primeiros compradores --intermediarios que compran en orixe para vender o leite noutras partes--, porque "non hai nada agora mesmo para vixiar" esa figura.



Tamén recoñeceu a conselleira que "hai preocupación" polo descenso do consumo de leite, polo que a Xunta realiza diversas campañas dirixidas ás asociacións de consumidores e colexios para fomentar a marca Galega 100%.


relacionada Lactalis comprométese cos gandeiros ante as ameazas de boicot
relacionada Os gandeiros chaman a boicotear Lactalis
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE