#Claves de la semana

Os alcaldes de Ourense e da Coruña debaten sobre a "nova política"

Jesús Vázquez (PP), alcalde de Ourense, e Xulio Ferreiro (Marea Atlántica), alcalde da Coruña, atopáronse na terceira edición do Foro Revbela, un encontro celebrado no hotel Araguaney de Santiago co obxectivo de debatir sobre a “nova política” con dous representantes que saíron elexidos nas últimas municipais.


|


Jesús Vázquez (PP), alcalde de Ourense, e Xulio Ferreiro (Marea Atlántica), alcalde da Coruña, atopáronse na terceira edición do Foro Revbela, un encontro celebrado no hotel Araguaney de Santiago co obxectivo de debatir sobre a “nova política” con dous representantes que saíron elexidos nas últimas municipais.


Despois de recordar os seus comezos en política, Jesús Vázquez abriu o debate asegurando que el “non falaría de nova política”. O alcalde de Ourense cree que a política actual comparte a esencia de “xestionar o ben común, resolver os problemas derivados da convivencia e adoptar decisións que non sempre van a ter contento a todo o mundo”.


Donde sí observa un cambio é no modelo de relación coa cidadanía. Pero para Vázquez iso non significa que se esté realizando unha nova política, senón “que os políticos se podan comportar como un cidadán máis”.


En cambio, Xulio Ferreiro sí esta convencido de que existe unha nova política ou canto menos “unha promesa dunha nova forma de facer política" que responde a un momento determinado.


Sitúa a crise económica e o 15M como puntos de inflexión que evidenciaron unha desconexión entre os partidos políticos a a cidadanía que se fixo cada vez máis relevante, agravada pola “corrupción estrutural como parte do sistema político”.


Nese momento, considera que apareceu un grupo de persoas, entre as que se inclúe, que se deron conta de que se non “tomamos as rendas da situación outros o están facendo por nós”, polo que traballaron nun novo contrato entre a cidadanía e os gobernantes, presentando novas propostas no qué e no cómo. 


DSCF9165


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE