A auga do grifo acada a máxima calidade en Santiago, Pontevedra e Ourense

A compañía ViAQUA vén de renovar nestas 3 cidades a máxima certificación á que pode optar a auga corrente, equiparando a súa calidade coa dos alimentos.


|



Os habitantes de Santiago, Pontevedra e Ourense poden beber do grifo tranquilos: a auga corrente non podería ser máis saudable. A compañía ViAQUA vén de renovar nestas 3 cidades a máxima certificación á que pode optar a auga corrente, equiparando a súa calidade coa dos alimentos.


Trátase do certificado ISO 22000, un recoñecemento nada fácil de conseguir. É necesario establecer rigurosos controles en todas as etapas do abastecemento, dende a captación ata o subministro, pasando polo tratamento e almacenaxe. O sistema posto en marcha pola compañía tivo que superar a auditoría externa realizada por TÜV Rheinland, a empresa encargada de expedir o certificado.


Pero unha vez superado este proceso, a auga corrente de Santiago, Ourense e Pontevedra pode considerarse perfectamente saudable para o consumo humano. Non existe un nivel superior para probar a calidade da auga, os habitantes destas tres cidades galegas poden consumir a auga do grifo coa mesma tranquilidade que os alimentos do supermercado, sempre que non teñan ningún problema na súa instalación interior.


A AUGA DO GRIFO, RECURSO CONTROLADO


A auga potable que chega aos nosos fogares é un dos recursos máis controlados do mundo. A Unión Europea, seguindo as recomendacións da OMS, determina os límites de diversos componentes que poden estar presentes na auga. Para considerar a auga como potable debe poder beberse durante todos os días da vida sen poñer en risco algún a saúde.


O ministerio de Sanidade e Consumo establece unha normativa nacional baseada na lexislación europea, fixando as concentracións máximas das substancias presentes na auga. Posteriormente, as comunidades autónomas deben velar pola correcta desinfección da auga, realizando análises paralelos aos das propias empresas xestoras.


No caso dos 57 concellos galegos abastecidos por ViAQUA os controles son aínda máis esixentes do necesario. En total, realízanse cada ano 5.400 análises organolépticos, 150.000 de cloro libre residual, 680 nos grifos dos consumidores, 610 en estacións de tratamento...


A auga é tratada con pequenas cantidades de cloro, o desinfectante líder en todo o mundo pola súa efectividade e fiabilidade. Unha pequena dose desta substancia garante a calidade sanitaria da auga, sendo totalmente inofensiva para a saúde das persoas. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE