#Claves de la semana

O novo caso de violencia machista en Becerreá continúa unha racha tráxica

A morte dunha muller de 40 anos en Becerreá a mans da súa parella é a novena que se produce en España no que vai de ano, completando un inicio de ano tráxico. Tras dous anos de descensos, as cifras deste mes de Xaneiro equivalen ás rexitradas en 2011 e 2012.



|


Manoviolencia


A morte dunha muller de 40 anos en Becerreá a mans da súa parella é a novena que se produce en España no que vai de ano, completando un inicio de ano negro. Tras tres anos de descensos, as cifras deste mes de Xaneiro equivalen ás rexitradas en 2011 e 2012. 


É o primeiro caso que se rexistra en Galicia durante este novo ano, pero vén a continuar un 2015 especialmente tráxico na nosa comunidade, no que perderon a vida 7 mulleres a mans das súas parellas. A última víctima fora unha veciña de Mos de 69 anos que denunciara ao seu marido por maltrato en octubre de 2014. 


Neste novo caso, non constan antecedentes por malos tratos da parella, de 29 anos, aínda que a muller sí denunciara a unha parella anterior. 


O agresor perpertrou o crime disparando á súa parella cunha escopeta de caza diante dos seus fillos, de 16 e 17 anos. De feito un deles resultou ferido nunha man. A continuación, entregouse voluntariamente tras realizar unha chamada ao tenente de alcalde. 


Está previsto que a Garda Civil lle tome declaración coa "maior brevidade posible". Os dous fillos tamén prestarán declaración como testigos, aínda que terán que facelo acompañados polo seu pai ou tutor legal. 


relacionada Novo caso de violencia machista en Becerreá
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE