#Claves de la semana

Rosalía, a literata que se fixo escoitar

Aproveitando o Día de Rosalía, dende Galiciapress queremos achegarnos á súa figura como muller da man do historiador especializado en historia das mulleres, Miguel García Fernández,

 

|


Resultaría absurdo negar a importancia capital da obra de Rosalía de Castro para a literatura e para a lingua galega, a súa capacidade case mítica para identificarse co sentimento colectivo de todo un pobo. Pero a figura de Rosalía é tan complexa que resulta fácil perderse no rexurdir da lingua galega, quedarnos na saudade da Negra Sombra e esquecernos doutras facetas da literata galega.


Aproveitando o Día de Rosalía, dende Galiciapress queremos achegarnos á súa figura como muller da man do historiador especializado en historia das mulleres, Miguel García Fernández, que aposta por reivindicar a figura dunha muller que conseguiu representar coa súa obra "un sentir colectivo, reflexando o papel da muller no s.XIX pero tamén tratando de romper co establecido".


Nun momento no que a idea xeral era que as mulleres "deberían estar na casa coidando aos seus fillos", o simple feito de escribir implica "saír da casa, enfrontarse á sociedade. Decir que a túa voz é unha voz que se pode escoitar". A decisión de escribir sendo muller resultaba revolucionaria, "nun momento no que a maioría de mulleres non tiñan acceso á alfabetización, ela era capaz de escibrir en galego e castelán, de facer poesía e novela".


Pero a vertente 'feminista' de Rosalía non se queda na súa vontade de expresarse, chega ata o fondo da súa  obra. Segundo explica García Fernández, agachados entre as obras máis coñecidas da autora hai "pequenos manifestos feministas". O historiador fala de Lieders, unha obra relativamente pouco coñecida na que Rosalía manifesta as dificultades das mulleres "para expresar os seus sentimentos reais", reivindicándose como unha muller que quere ser "libre".


A mesma tendencia aparece en Las literatas, unha obra de corte ensaístico na que se lamenta da mala fama que teñen as mulleres que deciden escribir. Nun dos seus artigos, García Fernández destaca un fragmento desta obra na que Rosalía advirte baixo a máscara da narradora que “se dice muy corrientemente que mi marido (Manuel Murguía) trabaja sin cesar para hacerme inmortal. Versos, prosa, bueno o malo, todo es suyo. (...) que tiene una esposa poetisa o novelista, es decir, lo peor que puede ser hoy una mujer”.


Unha muller que se atrevía a escribir no s.XIX enfrentábase a dúas posibles interpretacións: ou ben era considerada de "marimacho" ou se lle atribuía unha literatura de segunda, dentro das literatas productoras de literatura "femenil". Nin sequera podían contar co apoio das súas iguais, os roles de xénero do machismo xa facían por aquel entón que "moitas mulleres encorsetaran coas súas actitudes ás súas conxéneres, criticando a esas atrevidas que se pronunciaban fronte á sociedade".


Pero a pesar de todo, Rosalía de Castro conseguiu elevar a súa voz, defendendo o papel da muller na sociedade e tamén a capacidade das mulleres como autoras. Unha vertente que se comezou a recoñecer nos últimos tempos, reivindicada por todos aqueles que intentan "valorar a Rosalía no seu conxunto e ver as distintas facetas que se poden recuperar para a sociedade actual".


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE