#Claves de la semana

A patronal do metal alerta contra os riscos da inestabilidade política

A patronal do sector metalúrxico reclamou o apoio das administracións públicas, incidindo na necesidade de que España consiga unha estabilidade política para que non se "paralicen" investimentos e proxectos.


|


A patronal do sector metalúrxico reclamou o apoio das administracións públicas, incidindo na necesidade de que España consiga unha estabilidade política para que non se "paralicen" investimentos e proxectos. 


Así o manifestou o presidente de Confemetal, Antonio Garamendi, que asegurou que a situación política está prexudicando os índices de confianza de empresas e consumidores. Reclámalle aos partidos "que sexan responsables" e que cheguen a acordos, cumprindo os obxectivos marcados por Europa para que non se perdan os investimentos.  


O presidente de Confemetal lembrou que o sector industrial foi un dos que mellor aguantou " durante os anos de crise, e apuntou que a industria ten "un emprego mellor, de maior calidade", e favorece a innovación.


Con todo, admitiu que "aínda queda un treito" para que o sector metalúrxico recupere o peso que tiña hai uns anos no PIB español, e por iso, reclamou o apoio das administracións para esta industria

.

OPTIMISMO PARA 2016


Pese a todo, o presidente de Asime Julio Gómez, asegurou que o metal galego experimentou unha recuperación nos niveis de emprego e facturación durante os últimos anos. Lembrou que as máis de 3.500 empresas do sector dan traballo a máis de 63.000 persoas.


Amosouse "optimista" con respecto ao 2016, estimando que o metal pode ter un  crecemento dun 3 por cento este ano. "Vemos ao sector relativamente ben, dadas as circunstancias", concluíu.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE