#Claves de la semana
CON GUIÓN DE RUBÉN RIÓS, RODARASE ENTRE OURENSE E LUGO

Luís Tosar rodará, "Galaicus" unha película inspirada nas loitas entre celtas e romanos, en Galicia

Con guión de Rubén Riós, on filme retrata "con rigor histórico" a loita entre celtas e romanos.


|


Farruco Castromán, Rubén Riós e Luis Tosar, na presentación da película en 2012


O actor lucense Luis Tosar será un xeneral romano que combaterá os castrexos en "Galaicus", unha superprodución que se rodará o ano que vén  en Ourense e Lugo.


Tosar é tamén coprodutor deste film xunto con Farruco Castromán, director da empresa galega ZircoZine. O proxecto fora anunciado para a primavera do 2012, contando daquela cun orzamento duns 4 millóns de euros.

O elevado presuposto motivou onte o encontro de Farruco Castromán co delegado provincial de Cultura de Lugo, Xosé Ferreiro. Ambos os dous acordaron que a Deputación lucense achegará 51.000 euros nun convenio plurianual.

F
O filme conta a historia de amor entre un comandante romano e unha raíña celta que vive en Gallaecia. Está ambientada no ano 137 (a. C.), na chegada a Gallaecia do procónsul Décimo Xunio Bruto Galaico, personaxe que encarnará Luis Tosar. 


A presenza dos romanos sáldase cunha batalla contra os galaicos na que morre o príncipe galaico Vetilo. Cando a súa viúva reclama o seu corpo, tanto o comandante como o procónsul namóranse dela e conflito amoroso resólvese tamén a golpe de espada cando Máximo se converte en líder dos guerreiros galaicos e se enfronta ao poder de Roma.

Cando se presentara o proxecto, Luis Tosar indicara que "a pretensión é retratar unha época cuns feitos reais, onde a historia prevalece". Para iso, ZircoZine garantira o rigor histórico do proxecto consultnando con investigadores da Universidad Complutense de Madrid e da Universidade de Santiago de Compostela, así como asociacións Civitas Limicorum, de Xinzo de Limia, e Arde Lucus, de Lugo.

A idea orixinal foi escrita polo actor e realizador Rubén Riós no ano 2009, apuntou que a idea xurdiu tras ser convidado para dar o pregón da Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia en agosto de aquel ano o ver directamente os castros, dado que anteriormente "a idea que tiña de celta só era polos libros"."Cando dei un pregón en Xinzo de Limia invitáronme a cear e entrei nun campamento base, que nunca vira; cheguei a casa e empecei a escribir esa pequena idea que ía ser a miña terceira curtametraxe". 


"Non é unha película que se podería considerar cine de autor", senón que se trata dunha "película máis ambiciosa nese sentido", e que aborda "un período da nosa historia que foi determinante, no que chocaban dúas culturas que teñen que ver connosco", sinalara daquela Tosar.


Daquela, Farruco Castromán explicara que se "trata da primeira superprodución galega ambientada no conflito entre os romanos e os pobos galaicos".

FOMENTO. 


O delegado de Cultura, Xosé Ferreiro, considerou onte que "este filme está chamado a facer historia no noso audiovisual, polo orzamento necesario para a recreación da época e das batallas" e por recrear ese momento histórico. Engadiu que o apoio da Área de Cultura a este proxecto busca "conseguir que a provincia de Lugo e os seus enclaves naturais e paisaxísticos se coñezan e sexan protagonistas nos filmes galegos».

A película completarase coa edición dun cómic e a realización dun documental didáctico.


FESTA DO ESQUECEMENTO


A  Festa do Esquecemento e un evento de recreación histórica que se celebra en Xinzo de Limia (Ourense) para rememorar a chegada hasta a margen izquierda do río Limia das legions romanas comandadas por Décimo Xunio Bruto no ano 135 (a.C).

Celebrase o penúltimo fin de semana de Agosto de cada ano.


CAMPAMENTOS ROMANOS


Aquis QuerquennisLmbuga


Aquasquerenquis 1

Aquis Querquennis, restos del campamento romano (s. II d.C), en Bande (Ourense).



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE