O xerente do Cunqueiro censura as críticas dos médicos

|


Os médicos do Hospital Álvaro Cunqueiro non son alleos ás carencias do centro. De feito, levan meses organizando protestas, denunciando abertamente a falta de medios técnicos e humanos e difundindo a situación mediante carteis e mensaxes nas redes sociais.


Pero a franqueza dos médicos esgotou a paciencia do xerente do hospital, Félix Ruibal, que decidiu recorrer ao vello método da censura. A través dunha carta interna, pide a "retirada inmediata" dos carteis que critican a asistencia sanitaria do hospital, advertindo que os empregados públicos que os difundan poden "incorrer en responsabilidade administrativa".


O xerente do hospital considera que as mensaxes, expostas en lugares "non autorizados", inducen claramente a "terror, alarma e desconfianza" sobre a asistencia sanitaria que se presta no centro, podendo vulnerar "o dereito da debida protección da saúde".


Acaba de fixarse unha concentración contra a actitude do xerente, que terá lugar este mércores ás 11:00 no propio Cunqueiro e no Meixoeiro ás 13:00. Recentemente, médicos do HAC xa pediran a dimisión de Ruibal criticando a súa actitude prepotente. 


relacionada Os socialistas pedirán o "rescate" do Cunqueiro
relacionada Os médicos síntense avergoñados pola situación do HAC
relacionada Unhas 200.000 persoas claman en Vigo pola dimisión de Mosquera

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress