#Claves de la semana
ATA O DIA 18 VENRES, NO CAMPUS DE OURENSE

A lingua galega, porta de entrada a unha comunidade de máis de 230 millóns de persoas

A sexta edición de 'Portugués Perto' arrancou, cunha introdución á lusofonía


|

Gal1 2

Unha lingua que coñecemos e que abre as portas a unha comunidade de máis de 230 millóns de persoas hai que aproveitala e valorizala, non darlle as costas. Con esta perspectiva, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus acolleu un ano máis o Obradoiro Ops!, impartido nesta ocasión por Loaira Martínez, da Asociaçom Galega da Língua Agal. 


Con esta actividade, destinada a destacar as oportunidades competitivas e privilexiadas que ofrece a lingua galega, arrancou este luns a programación de Português Perto, un proxecto de achegamento á cultura lusófona posto en marcha pola Vicerreitoría do campus de Ourense.

A sesión foi presentada pola antropóloga e docente da Universidade de Vigo Fátima Braña, que salientou a importancia de ver o galego como “unha ventá de oportunidades” que pode contribuír a unha mellor capacitación do alumnado. “O obxectivo deste obradoiro non é ensinar portugués senón presentar as vantaxes que ofrece o galego”, apuntou Loaira Martínez. Seguindo o modelo dos talleres celebrados os dous últimos anos, a cita tivo un carácter principalmente práctico co obxectivo de que os asistentes, principalmente alumnado do grao de Turismo, fose consciente das portas que lles abre o galego no mundo, non só desde un punto de vista de enriquecemento cultural senón de desenvolvemento profesional.


Gal3

Con este obxectivo, a súa intervención ante unha trintena de persoas comezou facendo un repaso pola presenza da lusofonía nos diferentes continentes e países, desde Portugal e Brasil ata Cabo Verde e Mozambique. Contextualizado o tema, a representante de Agal centrouse en amosar na práctica como as persoas que saben galego teñen ferramentas vantaxosas para empregar ou comprender o portugués mellor que os falantes doutros idiomas. Tamén fixo fincapé nos “falsos amigos”, no mal uso que podemos facer do galego á hora de achegármonos ao portugués, trasladando dun a outro vocabulario ou expresións que en realidade non son equiparables. Un exemplo destes “falsos amigos” indicou, é a palabra pelo, que en portugués só se emprega para o pelo corporal e o dos animais, non para o da cabeza, que debe dicirse cabelo.


Máis Português Perto o resto da semana


Tras este obradoiro, a programación de Português Perto continuará o mércores 16 de marzo, cando o actor e narrador Quico Cadaval volverá ao campus de Ourense e a Português Perto para ofrecer nesta ocasión o seu monólogo Os Inocentes, no que fiel ao seu estilo fiará historias de personaxes que sacarán un sorriso dos espectadores incluso cando se fala de temas con certos elementos tráxicos. A cita será ás 20.00 h na sala Emilia Pardo Bazán, no soto do Edificio de Ferro, nunha actuación gratuíta e aberta a todas as persoas interesadas.

Por último, o venres día 18 a programación pecharase cunha gran foliada. A actividade comezará ás 20.00 cun obradoiro de baile a cargo de Marta Henriques, membro banda de música folk lusa Baile Vadio, que introducirá aos asistentes en danzas tradicionais do país veciño. Seguiralle ás 22.00 h a actuación de Baile Vadio no marco das iniciativas Unison e Venrespirar. As actividades, abertas ao público, desenvolveranse no espazo exterior entre os edificios Politécnico e de Ferro.



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE