As medidas de Europa agravan a crise do sector lácteo

Así o afirman dende o Sindicato Labrego Galego, criticando que non achegan solucións reais e fan ouvidos xordos ás peticións do sector


|


O Sindicato Labrego Galego amosouse sumamente crítico co paquete de medidas proposto este luns pola Comisión Europea. Consideran que lonxe de solucionar a crise de prezos do sector, agravan aínda máis a súa situación, sen achegar solucións reais e facendo ouvidos xordos ás peticións do propio sector nos diversos países comunitarios..


Aseguran que o que se demanda dende o sector leiteiro é "un  regulamento da produción público e igual para toda a Unión Europa". A proposta de Europa, pola contra, supón unha redución voluntaria temporal e por estados, algo que segundo o sindicato significa "devolverlle o problema ao sector, fomentando unha guerra interna entre países pola ocupación do mercado" que xa se está producindo. 


Outra das propostas da Comisión Europea foi duplicar o volume de intervención do leite en po desnatado -pasando de 109.000 a 218.000 toneladas- e da manteiga -de 50.000 a 100.000 tn-, algo que para o SLG "tampouco serve de nada".  Para o SLG e para a Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC) esta medida só podería ser útil "se vai aparellada a unha regulación obrigatoria da produción; senón, tal e como fixeron agora, o único que conseguimos é conter malamente o problema durante uns meses".


Por último, aumentar as axudas dos estados ata 15.000 euros por explotación e sen teito máximo por países significa para o sindicato "lapidar o diñeiro das arcas públicas comunitarias para compensar o roubo que están a perpetrar industrias lácteas e distribuidoras alimentarias ao pagar o leite por baixo dos custes de produción", subvencionando "a extorsión a que as empresas do sector someten ás granxas, que seguirán a desenvolver unha actividade ruinosa nas condicións actuais".


Fronte ás propostas de Europa, propón solucións alternativas que pasan por regular a produción cunhas regras de obrigado cumprimento e iguais para toda a UE que teñan por obxectivo axustar a oferta á demanda. O problema para eles radica en que "a Comisión non está buscando solucións para o sector; o que semella buscar, realmente, é perpetuar a actual situación para maximizar o lucro das grandes corporacións do sector lácteo e distribuidoras alimentarias, que están a facer o agosto coa actual crise.



relacionada Bruselas presenta medidas "decepcionantes" para o sector leiteiro
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE