#Claves de la semana

Galicia bótase á rúa contra o trato da UE para os refuxiados

Centos de persoas concentráronse este mércores por toda Galicia, protestando contra o preacordo entre a Unión Europea e Turquía para devolver persoas refuxiadas


|


Centos de persoas concentráronse este mércores por toda Galicia, protestando contra o preacordo entre a Unión Europea e Turquía para devolver persoas refuxiadas, considerado "inmoral, vergoñoso e ilegal" polas múltiples organizacións convocantes. 


En concreto, houbo concentracións na Coruña, Ferrol, Santiago, Burela, Lugo, Ourense, Vilagarcía de Arousa e Vigo, ademais dunha manifestación en Pontevedra. Estiveron convocadas de forma conxunta por sindicatos como CCOO, UXT e CIG, pero tamén por ONG como médicos do mundo e apoiadas por un gran número de partidos políticos a nivel autonómico e local. 


En Santiago de Compostela, centos de manifestantes encheron a Praza do Toural, nunha concentración que contou coa presenza do alcalde, Martiño Noriega, da voceira nacional do BNG, Ana Pontón, e do deputado socialista Xosé Sánchez Bugallo, entre outros. 


Xunto ao resto dos presentes, apoiaron un manifesto que denunciou a "absoluta insensibilidade" da Unión Europea ante a crise de refuxiados. 


Segundo explicou Brais Barcia, de Médicos do Mundo, en declaracións a Galiciapress,  o obxectivo último das concentracións é conseguir que "non se faga con Turquía ese trato económico para librarnos do problema". 


Barcia destaca que o preacordo conseguiu unir na súa contra "a todos os sindicatos, todas as ONG, partidos políticos..." Critica que a Unión Europea siga coa súa política de "non facer caso aos dereitos humanos" e reclama que se avance ata logar "un paso seguro" para os inmigrantes. 


relacionada O bloque arría a bandeira da Unión Europea en Pontevedra
relacionada Juzgar a los gestores políticos de la crisis de los refugiados
relacionada La UE devolverá a Turquía a los inmigrantes que lleguen a Grecia
relacionada ¿Cómo es la isla de Lesbos?
relacionada Gracias por abandonarnos, Europa
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE