#Claves de la semana

O cromo e o níquel presentes en Cabo Ortegal poden danar ás especies mariñas

Non se pode falar de contaminación, xa que se trata dunha concentración natural


|



A elevada presenza natural de cromo e níquel no entorno do Cabo de Ortegal pode danar aos seres mariños que viven neses sentimentos, que poderían chegar a sufrir danos que "afectarían ao 60%-90% da súa poboación".


Esto é o que se desprende dunha investigación do Grupo de Bioxeoquímica Mariña do CSIC, que analizou a influencia  do complexo xeolóxico do cabo Ortegal, determinando por primeira vez as principais vías de transporte destes metais ao mar a través dos cursos fluviais e aéreos.  


En concreto, os investigadores descubriron que os arroios Lourido e Landoi verten cada ano 411 quilos de níquel e 143 quilos de cromo, mentres que o río Mera transporta 80 quilos de cromo e 212 quilos níquel. 


Tomando como referencia os valores normais destes metais nos chans de Galicia, os investigadores determinan que o entorno de cabo Ortegal está "moi enriquecido en ambos metais". 


Aínda así, o coordinador do proxecto científico, Ricardo Prego, asegura que "non se pode falar de contaminación", xa que "a súa orixe é natural ao provir dos minerais presentes no complexo geoquímico de Ortegal".



Con todo, ao medir a súa presenza en seres vivos como mexillóns ou algas ficus, xunto a sedimentos superficiais costeiros, detéctase que poden producir danos en seres vivos. De feito, a presenza de cromo e níquel na ría de Ortigueira é ata o dobre da presente na de O Barqueiro.



Por iso, a investigación conclúe que "estes procesos que se observaron no complexo xeolóxico de cabo Ortegal e a súa contorna mariña apuntan cara á necesidade de que as rexións costeiras con singularidades geoquímicas conten cunha consideración especial nas estratexias de xestión e nas normativas europeas de calidade".

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE