Non saben pactar

Manuel Fernando González Iglesias

Parece ser que PSOE, Ciudadanos e Podemos van utilizar esta fin de semana de abril para meditar sobre se as súas posturas maximalistas, no tedioso asunto da formación dun novo Goberno, son tan inamovibles como parecen ou se, pola contra, lles paga a pena botarse ás costas as súas liñas vermellas ideolóxicas e definir un plan de gobernabilidade que lle quite o cabreo que os españois teñen cos seus políticos, aos que consideran uns vagos irredentos e uns irresponsables sen solución.


Se cada unha desas formacións volve o luns coa tarefa feita, teremos novo Executivo. Se non é así, só nos queda que Rajoy mova ficha, que xa lle toca e que esta non sexa a dun Tancredo taurino, que sae fuxindo como un lóstrego do touro ou meténdose dentro do barril para salvar o seu chasis ideolóxico. A verdade é que xa somos moi poucos os que mantemos a esperanza de que non haxa eleccións en xuño e que, entre uns e outros, ou todos xuntos, se Vds. O prefiren, están a matar a credibilidade partidaria e sobre todo, a esperanza nesa nova xeración de políticos, que do mesmo xeito que "os da caste", xa nos demostraron non saben pactar, nin teñen ganas de facelo.


É curioso, pero nin sequera os papeis de Panamá conseguiron que a xente se distraia deste problema de gobernabilidade que padecemos, e iso quere dicir que a abstención pode ser monumental cando o Rei firme o decreto de novas eleccións e haxa que ir votar. Non se vai a salvar ninguén. E aínda que uns gañen e outros perdan, ningún poderá dicir que detrás da súa opción política hai moitos millóns de electores, co que a democracia con maiúsculas sufrirá un duro golpe do que tardaremos máis dunha lexislatura en recuperarnos, especialmente a mal chamada esquerda española, que non sabe ceder e moito menos acordar cos seus adversarios políticos os temas que nos interesan a todos. Agora mesmo nos estamos a xogar o modelo de Estado, incluso a continuidade das Autonomías, e estes cerebros pensantes con denominación de orixe progresista son incapaces de ver máis aló das súas siglas e por tanto pactar políticas económicas de concordia. Igualiño que na tan vituperada Transición, igualiño.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE