#Claves de la semana

‘Con-Fío en Galicia’ xa recibiu 7.392 visitantes

Dende a súa apertura, a mostra recibiu unha media de 264 visitantes por día, acadando unha especial aceptación entre a comunidade educativa.

 

|



Cumprido un mes dende a súa inauguración, a mostra ‘Con-Fío en Galicia’ xa recibiu 7.392 visitantes, que se achegaron a coñecer a historia dun sector téxtil que convertiu a Galicia nun referente internacional.



Dende a súa apertura, a mostra recibiu unha media de 264 visitantes por día, acadando unha especial aceptación entre a comunidade educativa. Un total de 1.037 escolares pasaron xa pola exposición, gozando de actividades actividades lúdico-didácticas que os axudan a fixar os coñecementos adquiridos.



O público xeral aínda ten moito tempo para visitar a exposición. A mostra pode visitarse no Museo Centro Gaiás ata o 11 de Setembro de martes a domingo, de 10 a 20 horas, e a entrada é de balde. Ademais, de martes a venres, o público conta cunha visita guiada ás 18:30 horas e sábados e domingos ás 12:30 e ás 18:30 horas.



Preséntanse uns 100 'looks' singulares de moda feita en Galicia, pero tamén reinterpretacións contemporáneas de indumentarias históricas, valiosas coleccións privadas e unha recompilación de material fotográfico e audiovisual que tentan plasmar a historia do téxtil galego. A exposición tamén integra un espacio patrocinado por ViAQUA, que presenta un proxecto de moda sostible con traxes confeccionados con materiales reciclados.



Comisariada polo historiador Miguel Anxo Seixas Seoane, a mostra enfoca momentos clave da historia do téxtil. Entre as primeiras referencias está a agulla da Cova de Eirós (Triacastela, Lugo),un óso puído de sete centímetros que podería datar do Paleolítico, a peza máis antiga vinculada ao téxtil que se atopou na comunidade.



Tamén revela anécdotas, por exemplo que a fábrica de camisas Regojo, situada na localidade pontevedresa de Redondela, gañou a fama nos anos 60 coa 'camisa Dalí', bautizada así xa que a súa publicidade foi realizada por Salvador Dalí. Asinou un contrato de 125.000 persoas e cobraba unha peseta máis por camisa vendida.




A vinculación coa arte tamén está presente nunha mostra que lembra como Pablo Picasso deseñou un traxe de galego para un ballet titulado 'Chapeu de tres picos'.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE