#Claves de la semana

Rueda lembra a Caballero que o PSOE é un partido resignado á oposición

O secretario xeral do PPdeG critica a campaña de promoción persoal do alcalde de Vigo e lebra que os socialistas só poden axudar a Podemos a quitar a maioría absoluta ao PPdeG e facer a Beiras presidente da Xunta.


|



O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, fixo referencia á campaña de promoción persoal que o alcalde de Vigo iniciou polas cidades galegas. O dirixente popular lembrou que o PSOE é un partido resignado á oposición que, en ano electoral, a súa única esperanza é poder axudar a Podemos a quitar a maioría absoluta ao PPdeG e facer a Beiras presidente da Xunta.


Rueda asegurou que os populares gañarán as eleccións e que a única alternativa a un Goberno do PPdeG é un pacto multipartito no que o PSOE só podería aspirar a facer presidente a alguén doutra forza política, o cal é unha dura cura de humildade para unha formación que ata 2009 presidía a Xunta de Galicia.


Polo tanto, restou relevancia ao que faga un alcalde da terceira forza política en Galicia nun contexto no que o PSOE só pode aspirar a facer o mesmo que fixo en Ferrol e na Coruña: regalar os seus votos ao candidato da Marea para que goberne en contra da lista máis votada.


Ademais, o número dous dos populares galegos pediu serenidade a Caballero, nervioso pola data das eleccións. Rueda cre que o PSOE ten que facer os deberes e buscar candidato trala oleada de autodescartes de dirixentes que non queren poñer a cara ao fracaso socialista deste 2016.



Rueda, que participou na clausura do Congreso local de Ourense no que Jesús Vázquez foi elixido presidente da formación, advertiu tamén do “risco silencioso” dos que parecían o aliado natural do PP pero que acabaron axudando a En Marea nas urnas e ao PSOE nos pactos postelectorais e que manteñen a España sen Goberno.


O dirixente popular cre que son un “risco” porque fracturan o voto de centro dereita e iso fai que poida gobernar Podemos; e “silenciosos” porque non teñen "a capacidade de entrar con forza nas institucións pero si logran apartar ao PP do poder".


Sobre o novo equipo, Rueda fixou as responsabilidades que dende hoxe terán que asumir. “A de manter a ilusión da militancia, de facer das nosas siglas un espazo amable ao que ninguén teña medo a acercarse; a de ser dignos representantes da confianza dos ourensáns e a de ser os ollos e os oídos do goberno municipal”, aseverou.


“A todas estas responsabilidades póñovos unha máis: encher as sacas de papeletas do PPdeG cando Alberto Núñez Feijóo nos convoque ás urnas”, dixo.

relacionada Abel Caballero: "Me quiero atribuir la responsabilidad de reactivar el PSdeG"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE