Unha exposición desvela "os segredos da auga" en Pontevedra
Pretende reflexionar sobre os grandes desafíos tecnolóxicos, económicos e medioambientais que conleva "un xesto tan simple como abrir unha billa na casa e que saia auga potable".

Este xoves foi inaugurada en Pontevedra a exposición itinerante 'H2Oh! Os segredos da auga da túa Cidade", que pretende reflexionar sobre os grandes desafíos tecnolóxicos, económicos e medioambientais que conleva "un xesto tan simple como abrir unha billa na casa e que saia auga potable".
A exposición está baseada en elementos museográficos moi diferenciados, dende pezas reais ata interactivos multimedia de última xeración, que permiten descubrir, por exemplo, cal é o noso peso en auga ou a qué se destina a maior parte da auga doce.
A exposición está organizada pola Obra Social 'La Caixa' e Viaqua, coa colaboración do concello de Pontevedra, e na súa inauguración contou co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández, co director de Área de Negocio de Caixabank en Pontevedra Norte, Manuel Jesús Márquez, e co director de concesións de Viaqua en Galicia, Julio Masid.
TRES GRANDES ÁMBITOS
A mostra está dividida en tres grandes áreas. A primeira leva por título 'Auga, elixir da vida' e presenta as excepcionais propiedades físicas da auga líquida, así como a íntima relación existente entre este composto único e todos os seres vivos, incluídos os humanos.
A segunda chámase 'Auga na cidade', e aborda o reto de abastecer unha cidade garantindo unha xestión eficiente e sostible deste recurso. Neste ámbito amósa o ciclo urbano da auga, édicir, o camiño que perecorre a auga destinada aoabastecemento urbano, desde o punto de captación ata que regresa ao medio unha vez utilizada. Un xogo interactivo convertiranos en xestores da auga nunha cidade imaxinaria.
Por último, a derradeira área leva por nome 'Auga sostible' e presenta os retos que o século XXI nos plantexa en canto ao abastecemento de auga potable no entorno urbano, amosando cómo o uso responsable da auga pode propiciar un futuro mellor para todos.
XOGO EN LÍNEA
De forma paralela á exposición tamén se plantexa un xogo en liña que permite converterse en xestor da auga nunha cidade imaxinaria.
Nun sistema que recorda ao famoso SimCity, os usuarios deberán construír a infraestructura requerida para asegurar un subministro adecuado da auga a medida que a cidade vaia crecendo.
Ademais, deberán facer fronte a distintos retos técnicos e medioambientais, así como satisfacer as peticións que a poboación lles solicite, ao tempo que o xogo progresa. Os obxectivos finais consisten en lograr que a cidade prospere e en obter a máxima satisfacción dos seus habitantes, mediante unha xestión eficiente e sostible da auga.
Escribe tu comentario