#Claves de la semana

Democracia Ourensana denuncia á deputación por unha trama comparable á que se da "en Valencia co PP"

Falan de presuntos delitos de "suborno, financiamento ilegal do partido, prevariación, malversación de caudais, enriquecemento ilícito e alteración artificial das normas de competencia".



|



Democracia Ourensana presentou unha denuncia ante a Fiscalía na que pide que se investigue a Deputación Ourensana dirixida por José Manuel Baltar por delitos que abarcarían, entre outros, "suborno, financiamento ilegal do partido, prevariación, malversación de caudais, enriquecemento ilícito e alteración artificial das normas de competencia". 


O partido dirixido por Gonzalo Jácome fala dun caso que ven comparable ao "3% de Ciu" ou á situación do PP de Valencia. "Estamos ante uns presuntos delitos clarísimo, non xa o financiamento ilegal do PP, senón tamén enriquecementos ilícitos e xente que se está levando diñeiro", manifestou.


Explicou que, nos nove meses que leva Democracia Ourensana na Deputación, detectou que "o 75 por cento das obras" do ente provincial as levan "cinco empresas", polo "fraccionamiento" dos contratos, o que permitiu que o goberno provincial os outorgase "a dedo".



Jácome apuntou que o "desfalco podería estar ao redor de 2 millóns" que, "multiplicados" por catro anos que dura a lexislatura, sería de 8 millóns de euros. "Queremos que se tire do fío", salientou, xa que, argumentou, os dous millóns de euros só serían desde 2015, cando Democracia Ourensana accedeu á Deputación.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE