​Traballadores dunha auxiliar de Navantia dan o último aviso antes da folga

Esixen o pago da nómina do mes de marzo, que deberían cobrar o 5 de abril


|


Os 90 traballadores da empresa encargada da prevención, enfermería e loita contra incendios nos dous estaleiros de Navantia en Ferrol (Spril Norte) realizarán varios paros durante a xornada deste venres, última advertencia para a patronal antes de comezar unha folga indefinida o vindeiro luns de maio.


Reclaman o pago dos salarios do mes de marzo, que segundo indican deberían cobrar o pasado 5 de abril e aínda non ten chegado. "A empresa decidiu abandonarnos aquí, deixarnos á nosa sorte, sen dar a cara" e coa "intención de iniciar un concurso de acredores, tal e como lles trasladou aos compañeiros da Bahía de Cádiz", asegurou José Carlos Martínez Prieto, presidente do comité de empresa de Spril Norte nos centros de traballo de Ferrol.


Sinalan que a culpa non é de Navantia, que “está a cumprir coa súa obrigación e paga á compañía". "O que pasa é que os responsables da mesma desapareceron e non dan explicación de ningunha clase e non entendemos cal é a súa pretensión con esta actitude", afirmou.


CONTINUIDADE DOS TRABALLADORES


Os traballadores de Spril Norte, unha empresa pertencente ao Grupo PFA, con sede en Madrid, tamén trasladaron nunha comparecencia ante os medios de comunicación que a actual encomenda realizada por parte da compañía naval pública finaliza o próximo 30 de xuño, cando se cumpren cinco anos desta adxudicación.


O representante social alertou de que "acaba de saír recentemente a licitación para o novo contrato e na mesma non está contemplada a obrigatoriedade da subrogación do actual persoal".


José Carlos Martínez aproveitou para reclamar "a continuidade dos traballadores coas mesmas condicións e con todo o que hai asinado, como bolsas de emprego, algo que custou moito lograr".


Criticou que "moitas empresas veñen presentando propostas á baixa e que logo os traballadores son os primeiros en sufrir esta política, con recortes e expedientes abusivos", no mellor dos casos.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE