#Claves de la semana

Blanca Ruibal, Amigos de la Tierra: "Co TTIP os grelos de Galicia poderanse producir en California"

Un informe asegura que o tratado entre Europa e EEUU sementará perdas poñendo en perigo a viabilidade da agricultura europea en xeral e da galega en particular


|



Amigos de la Tierra acaba de presentar un informe no que advirte contra os perigos do  Acordo Transatlántico para o Comercio e a Inversión (TTIP), denunciando que sementará perdas poñendo en perigo a viabilidade da agricultura europea en xeral e da galega en particular, rematando con figuras fundamentales como as Denominacións de Orixe. Falamos con Blanca Rubial, Responsable de agricultura e alimentación Amigos de la Tierra.


¿Cales serán as consecuencias para os agricultores galegos se finalmente se firma o TTIP?



O tratado que se está negociando entre EEUU e Europa prevé que haxa máis comercio entre estas dúas zonas. O que este informe amosa é que ese comercio vai aumentar no sentido de que máis productos estadounidenses van entrar en Europa. Haberá máis importacións e a situación para a agricultura europea en xeral e para a agricultura galega en particular é de non poder competir con productores de EEUU que producen con estándares ambientais e sociais moito máis baixos, a menor prezo e cunha estructura e unha escala de producción moito maior que as explotacións agrarias.


Fronte a esta competencia,¿ non podería Galicia apostar pola calidade para diferenciarse e intentar exportar?


Recoñécese que pode haber máis exportacións de certos productos europeos pero iso non significa que teñan máis prezo. Podes encontrar un novo mercado pero o prezo pagado vai a ser moito menor porque tes que competir cos agricultores de ahí.


Outro punto ademais moi interesante que aparece neste informe é o tema das denominacións de orixe. Por exemplo Tenreira Galega, podería ser unha oportunidade para o sector gandeiro galego de poder exportar tenreira galega a EEUU. Podería ser, mais se as denominacións de orixe non son recoñecidas por EEUU nin por este tratado entón a tenreira galega vai ter que competir cunha tenreira que se pode chamar igual e producirse en Oregón de calquera maneira, alimentando aos animais de calquera maneira e cunha condición final de producto que non ten nada que ver co que nós entendemos que é a tenreira galega.


¿Poderían entón producila e poñerlle a mesma etiqueta?


Sí, perfectamente, é un dos grandes descubrimentos deste informe. O tema das denominacións de orixe en Europa está moi instalado. Para os productores que producen baixo as normas da denominación de orixe hai unha garantía de acceder a un certo mercado, hai uns estándares de calidad, está asociado a un terreno en concreto no que se produce o alimento en cuestión.


Mais internacionalmente non se recoñecen as denominacións de orixe, soen considerarse simplemente marcas. Entón, unha marca como Tenreira galega podería producila un productor de Wisconsin e o que desvela este informe é que a Comisión Europea está tratando nas negociacións con EEUU de protexer as denominacións de orixe, mais o que vemos é que non está tendo moito éxito. De feito leva moito tempo negociando un tratado comercial con Canadá e o tratado de denominacións de orixe queda bastante mal para Europa, no caso do estado español só protexe por poñer un exemplo dous tipos de queixo.


Neste tratado, que está a punto de ser firmado, ningunha denominación de orixe está incluida, polo tanto os grelos de Galicia poderanse producir en California, o queixo de Arzúa pódese facer en Oregón perfectamente.


¿Ata onde podería chegar o alcance do impacto para o rural galego?


No caso do vacuno, da produción de carne probablemente se se firma o tratado a previsión é que desapareza o sector, que non poda competir. Particularmente interesante é o caso do vacuno, que ten unha forma de producirse diferente en EEUU e aquí. Aquí aínda hai unha importante forma de producirse que está ligada á terra, que se alimenta de pasto... En EEUU básicamente comen pienso, son granxas industrias de moito tamaño. E polo que se deduce das negociacións todos os modelos económicos esperan unha entrada de moito volume de carne de terneira de EEUU.


No caso do leite... Sabedes de sobra cómo está o tema dos lácteos. Esta tendencia que hai de non supervivencia do sector se se firma o TTIPP a sensación que dá é que sería a puntilla. Ata agora co fin das cuotas e a crise láctea pon a Galicia nunha situación de competencia con toda Europa, o TTIP pode poñer o leite galego nunha situación de competencia con toda Europa e todo EEUU. Un negocio imposible para os gandeiros galegos.


¿E vedes opcións de que o acordo chegue a paralizarse? ¿Sodes optimistas?


Eu son optimista. Eu penso que precisamente o tema agrario vai ser moi difícil de pechar. Sempre se dá en todas as negociacións comerciais esta paradoxa. A agricultura non é tan importante para o PIB, ni para o emprego, nin é o máis presente nos medios da comunicación nin nas prioridades das persoas... Pero cando chega un acordo comercial sempre é o punto de atasco. Porque a ambas partes lles interesa manter máis ou menos o que é manter o sector protexido. 


Ningunha rexión do mundo pode prescindir completamente dos seus agricultores. Hai moitos puntos nos que non hai acordo posible entre EEUU e a Unión Europea e sobre todo o tempo corre. Un dato que temos moi bo para saber cal pode ser o futuro deste tratado son as eleccións en EEUU. Obama é un firme defensor deste tratado e tanto os candidatos que están agora en discusión, tanto Sanders como Trump din que non van firmar o tratado. Hai un pouco de présa para que o tratado se firme na era Obama, mais o mandato de Obama ten meses por diante porque termina a comezos do ano que vén e non hai avances suficientes como para pensar que sea pechado. E se non se firma o acordo estando Obama no goberno é probable que, se non se paraliza completamente, se retrase moitísimo. 

relacionada ​Denuncian que o TTIP "sementará perdas" na agricultura galega
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE