#Claves de la semana

​Democracia Ourensana critica a Baltar por gastar 3.000 euros nunha viaxe a Estados Unidos

Critican que gastase 1.800 euros en voos, un prezo que na Deputación consideran "un prezo bastante axustazo"


|




Democracia Ourensana continúa coa súa ofensiva contra Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense. Atópanse recabando facturas da Deputación, xa que sospeitan que se "inflaron" os costes dunha viaxe a EEUU de Baltar con motivo dunha expedición comercial.


O voceiro de DO, Gonzalo Pérez Jácome, asegura que o ente provincial pagou un billete de avión a Nova York de 1.800 euros, nun traxecto que segundo eles "nunca supera os 800 ou 900 euros". Tamén aseguran que se gastaron 1.325 euros en tres noites de hotel, a razón máis de 400 euros por noite.


Neste momento atópanse recabando información ante a posibilidade de que se trate dun " delito de malversación de caudales públicos". Consideran que os gastos son fruto dunha "apropiación indebida" ou dun "administrador neglixente", por iso reclaman a "dimisión do administrador".


Ante estas acusacións, o PP recoñece que o voo custou 1.794 euros. Pero segundo o vicepresidente segundo da Deputación, Jorge Pumar, trátase dun prezo "bastante axustado" tendo en conta que "se pechou con moi poucos días de antelación" ao xurdir a posibilidade de que Baltar se entrevistase co secretario de Estado para Euroasia.


No caso dos outros 1.325 euros, detallan que serviron para pagar os hoteis Hyatt en Nova York e Saint Gregory en Washington, ademais do traslado en tren entre ambas cidades, outros traslados en taxi e o visado. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE