#Claves de la semana

As sete cantigas de Martín Codax poderán verse en Galicia por primeira vez

No Museo de Arte Contemporánea de Vigo, entre outubro de 2017 e marzo de 2018


|

         Museo de Arte Contemporaneo de Vigo (MARCO)


Despois de 40 anos no Morgan Library Museum de Nova York, o coñecido como Pergamiño Vindel, unha obra de entre finais do século XIII e principios do XIV que contén as sete 'cantigas' de Martín Códax, poderá verse por primeira vez en Galicia. Será no Museo de Arte Contemporánea de Vigo, entre outubro de 2017 e marzo de 2018.


Máis dun ano de negociacións, lideradas pola Universidade de Vigo, foron necesarias para que a entidade norteamericana accedese a ceder o pergamiño, que foi descuberto a principios do século XX e que é a única fonte escrita da obra do trobador galego.


A orixe das negociacións remóntase a unha viaxe realizada a Nova York pola asociación cultural Pertenza para coñecer o pergamiño; esta asociación trasladou á catedrática do Departamento de Filoloxía Galega e Latina, Camiño Noia, a suxestión de que se tentase levar a obra á cidade que inspirara ao seu autor.


Noia puxo esta petición en coñecemento do reitor, Salustiano Matogueira, e iniciáronse os contactos coa Morgan Library Museum. Durante todo o proceso negociador, a Universidade tivo que atender ás esixencias da entidade norteamericana para lograr o que nunca antes conseguiuse: que o Pergamiño Vindel saíse desa institución.


Entre os requisitos expostos está que a obra de Martín Códax sexa prestada a unha institución académica, ademais dunha serie de condicións relacionadas coa loxística do lugar de exposición, medidas de seguridade, ou a contextualización da exhibición.


Así, coa colaboración do Concello de Vigo, organizarase unha exposición titulada 'Os Tesouros da Cidade', entre o 6 de outubro de 2017 e o 4 de marzo de 2018 no Museo de Arte Contemporánea. A mostra terá como indiscutible protagonista ao Pergamiño Vindel, e complementarase con eventos culturais e académicos.


Pergamino vindelHISTORIA DO PERGAMIÑO


O "Pergamiño Vindel" recibe o seu nome do libreiro Pedro Vindel, que o descubriu por casualidade en 1914, na garda interior dun libro do século XVIII, e nel están escritas sete 'cantigas de amigo' de Martín Códax, en tinta negra, entre elas 'Ondas do Mar de Vigo', e figura o nome do autor na parte superior.


Ademais do seu valor literario, ten a peculiaridade de que seis das composicións están acompañadas de pentagramas musicais. Estas 'cantigas', xunto coas de Don Dinís, son as únicas mostras atopadas da canción profana galaico-portuguesa.


Ao longo das décadas, o documento pasou por moitas mans xa que o diplomático e musicólogo Rafael Mitjana e Gordón, fincado en Suecia, comproullo a Vindel. Á súa morte, os seus herdeiros vendérono ao bibliófilo Otto Hass e, posteriormente, foi adquirido en Londres pola J.Pierpont Morgan Library, en cuxo museo permaneceu desde 1977.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE