#Claves de la semana

​Denuncian danos a mámoas e castros asociados á explotación do eucalipto

Adega e MariñaPatrimonio presentan 40 novas denuncias por danos ao patrimonio


|




As asociacións Adega e MariñaPatrimonio acaban de presentar 40 novas denuncias por danos ao patrimonio histórico-arquolóxico galego, que vinculan aos labores asociados á explotación forestal do eucalipto.


Os casos denunciados atópanse no norte da provincia de Lugo, e inclúen 2 abrigos paleolíticos, 21 mámoas, 14 castros, 1 xacemento medieval e 2 de idade indeterminada. Dende estas asociacións consideran ademais que boa parte dos xacementos arqueolóxicos desta área xeográfica (uns 500), poden estar afectados nalgunha medida.


Entenden estas 40 denuncias como "unha pequena mostra, a punta do iceberg do que pode estar a acontecer en moitos montes galegos sometidos á ditadura do eucalipto".


Responsabilizan por esta realidade tanto á "industria do eucalipto" como á Xunta de Galicia. Á primeira, por "actuar irresponsablemente e sen un mínimo respeto por un patrimonio que é de todos, só centrada na produción a toda costa para satisfacer a cobiza de ENCE". E no que respecta á administración, falan dunha responsabilidade "quizais maior, por abandonar o seu labor de coidado, vixianza e control dun valiosísimo patrimonio público".  

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE