#Claves de la semana

As rúas de Ferrol énchense de teatro

Comeza o IV Festival Internacional de Teatro Afeccionado 'EsteNarúa'


|




Este venres comeza en Ferrol o IV Festival Internacional de Teatro Afeccionado 'EstéNarúa', que organiza 'Té e Máis Eu Teatro', que encherá as rúas da cidade de espectáculos de todo tipo. Haberá sketch teatrais, actuacións infantís e obras teatrais completas. Pero tamén visitas guiadas, 'master class' e ata espectáculos de maxia e un concerto folk, a cargo do grupo ferrolán 'Lenda Ártabra'.


O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea (FeC), asegurou que esta proposta "encaixa coas premisas básicas que se marcou o Concello desde un principio no campo da cultura e que pasan por saír dos espazos habituais cara as rúas, para buscar ao público, nun proceso de expansión para ocupar espazos pouco comúns".


Na presentación desta iniciativa tamén se deron cita representantes da directiva da Confederación de Teatro Amateur Escenamateur, de ámbito estatal, cuxo presidente, José Ramón López, afirmou que a entidade que el preside, con máis de 500 socios, "ten previsto conceder, a petición da organización, un selo de calidade que se outorga a aquelas cidades ou festivais que dignifica dalgunha maneira o teatro amateur".


"Falta moi pouco para a súa concesión e entregaráselles durante a súa celebración, e non só á organización, senón que tamén á cidade que o acolle", asegurou.


Entre os lugares que acollerán representacións caben citar as prazas de España, Amboage ou Constitución, ademais do Centro Cultural Torrente Ballester, este último no caso de que as inclemencias do tempo fagan acto de presenza.


MADRIÑA


Na edición deste ano 2016 a madriña deste festival será a ferrolá Maite López, que foi durante máis de 40 anos locutora da emisora de radio Cope Ferrol. "Para min é unha honra, xa que desde sempre sentín admiración por toda a xente do teatro e toda aquelas persoas que realiza calquera tipo de representación artística", recoñeceu.


Ademais, López tamén trasladou que "Ferrol o que necesita é xente que traballe, que loite e que fale en positivo da cidade, que fale ben". "Hai que sentirse orgullosos de ser ferroláns e resaltar as cousas boas", apelou.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE