La única newsletter de sanidad de Galicia
Recibirás próximamente un resumen de información especializada, plural y rigurosa de martes a sábado
En vez de cambiar para outra empresa privada
O Sergas admitiu a semana pasada que a comida que se está servindo no Hospital Álvaro Cunqueiro “non alcanza altos estándares” como é necesario en entornos sanitarios. Por iso decidiu sustituir a partir do vindeiro 1 de xullo os servizos da empresa Serunion polos de Arcasa, que xa se encarga na actualidade da comida en hospitales como o Vall d'Hebrón, o Universitario Joan XXIII ou o San Juan de Dios.
Pero esta solución non convence aos sindicatos. CCOO acaba de reclamar que se aproveite a saída da actual concesionaria para revertir ao Sergas a xestión do servizo de comidas do hospital. “A solución é ben sinxela, devolver a cociña a mans públicas e deixar aos traballadores que sigan a facer o seu traballo”.
Xustifican a súa reclamación en que o Sergas conta con persoal profesional que “leva a desenvolver un traballo de calidade dende moitos anos”, cocineiras e cociñeiros, pinches de cociña, enfermeiras e enfermeiros e técnicos, aos que “se lles impediu seguir a desenvolver o seu traballo na cociña e no servizo de nutrición”.
Tamén aproveitan para denunciar que os sindicatos levaban tempo denunciando o mal funcionamento da cociña, que xeraba multitude de críticas entre os usuarios. Aseguran que ata agora a xerencia “só respostaba que non era certo e que estaba en proceso de mellora, mentres os familiares dos doentes ingresados acudían cos tupers cheos de comida para darlle algo decente de comer a os seus familiares ingresados”.
Recibirás próximamente un resumen de información especializada, plural y rigurosa de martes a sábado