#Claves de la semana

​En Marea volverá reclamar a transferencia da AP-9

Unha vía que considera "absolutamente amortizada"


|



En Marea reclamará unha vez máis no Congreso a transferencia a Galicia da AP-9, como xa fixo durante a breve lexislatura que seguiu ao 20-D e como tamén fixeron de forma conxunta todos os grupos do parlamento galego. 


Nun acto realizado en Chapela (Redondela) a pé da autopista, a cabeza de lista por Pontevedra Alexandra Fernández asegurou que esta vía xa está a día de hoxe "absolutamente amortizada", avogando por rematar coa "política de amiguetes do PP" para liberala de peaxes.


Fernández lembrou que a concesionaria da autoestrada "leva ingresados 2.400 millóns de euros en 36 anos" polo que a AP-9 "está máis que paga" e, aínda así, renovouse a concesión ata 2048. Isto "vese agravado" porque "non hai rebaixa nos custos da peaxe, o mantemento da vía é cada vez peor, e tamén se recorta en persoal das peaxes".


"Xa é o momento de que se faga a transferencia para xestionala desde aquí", defendeu a candidata de En Marea que, subliñou, xa pediu esa transferencia na curta lexislatura pasada e volverá levar esta cuestión ao Congreso dos Deputados "porque é unha das cuestións principais que afectan a toda a cidadanía galega".


Por outra banda, criticou a "incongruencia" de PP e PSOE, porque "primeiro din que apostan pola gratuidade, e cando chega o momento da verdade, de votar no Congreso, bótanse para atrás". "Por iso é importante que vaiamos con forza ao Congreso, para obrigarlles, agora si, a votar nas Cortes o que predican en campañas electorais", concluiu. 

relacionada ​Ana Pastor non cree que o traspaso da AP-9 a Galicia depende dela
relacionada En Marea reclama no Congreso a transferencia da AP-9
relacionada El parlamento pide que se traspase la AP-9 a la Xunta
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE