#Claves de la semana
O PRAZO DE MATRÍCULA ABRIRASE DO 1 AO 23 DE SETEMBRO

Normalización Lingüística lanza os cursos de formación do primeiro cuadrimestre

A oferta integramente virtual abrangue tres cursos.


|

376888 3043087695673 1202167279 n

Antes de comezar o período non lectivo e xa coa vista posta no comezo do vindeiro curso, a Área de Normalización Lingüística vén de publicar o catálogo de cursos para o primeiro cuadrimestre. Sete obradoiros teóricos e prácticos que abranguen diversos eidos da escrita e expresión en galego, dende a linguaxe administrativa á sanitaria e prestando especial atención ao uso do galego na investigación e a ciencia. De feito, a novidade para os primeiros meses do curso 2016-2016 é un curso curto para aprender a expoñer os traballos de investigación.


No relativo á docencia, dende a Área de Normalización Lingüística vénse apostando nos últimos anos por facilitar a participación nestes cursos ofertando modalidades virtuais e semipresenciais. Para o primeiro cuadrimestre do 2016-2017 está previsto un só curso semipresencial, o clásico de achegamento á lingua e cultura galegas, destinado a persoas non galegas residentes en Galicia, que terá lugar durante o mes de novembro nos tres campus e con 20 horas de duración a través das que os participantes poderán coñecer a realidade social, cultural, artística, histórica e lingüística de Galicia.

A oferta integramente virtual abrangue tres cursos. O primeiro deles céntrase na redacción de documentos administrativos e está pensado para persoas interesadas en coñecer unha guía rápida para redactar este tipo de documento en galego de xeito correcto. Ten unha duración de 20 horas e desenvolverase tamén no mes de novembro. O segundo é o curso de redacción e deseño de traballos académicos e de investigación, pensado para axudar á comunidade universitaria a realizar en galego traballos fin de grao, de mestrado, teses de doutoramento, etc. e co que poderán mellorar a súa expresión escrita e afondar no coñecemento das ferramentas para organizar un documento. Tamén con 20 horas de docencia en liña, terá lugar ao longo do mes de outubro. Finalmente, os que opten por cursos virtuais poderán tamén elixir o obradoiro de escrita en internet, orientado a mellorar a redacción de textos destinados á web, que tamén se desenvolverá en outubro con 25 horas de docencia.

Modalidade presencial

Paralelamente aos cursos virtuais, a Área de Normalización Lingüística mantén os formatos clásicos de docencia presencial noutros tres cursos. Un deles é o de extensión cultural destinado a alumnado estranxeiro de programas de mobilidade para que coñezan Galicia, a súa lingua, a súa historia e a súa cultura. Este curso, de acadar un mínimo de matriculados, terá lugar tanto en Vigo como en Ourense e Pontevedra cunha duración de 75 horas entre o 15 de setembro ao 15 de decembro. Tamén presencial será o curso básico de linguaxe sanitaria, previsto tamén para os tres campus entre o 17 e o 27 de outubro. Finalmente completa o catálogo a novidade deste primeiro cuadrimestre, o obradoiro sobre a exposición de traballos de investigación, destinado a persoas interesadas na comunicación oral e presentación e lectura en galego de todo tipo de traballos. Este curso impartirase en Vigo do 15 ao 24 de novembro.

O prazo para formalizar a matrícula ábrese do 1 ao 23 de setembro e os cursos están recoñecidos con créditos a través de horas de traballo, agás o de Extensión Cultural (2 ECTS). A inscrición é de balde para a comunidade universitaria, mentres que para o público en xeral, o prezo dos cursos de 10 h será de 20 €; os demais 40 €. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE