#Claves de la semana

​Case 10.000 galegos deixaron España en 2015

Outras 15.000 persoas máis marcharon para outras comunidades. Con todo, os inmigrantes estranxeiros salvan o saldo demográfico.


|

Emigracin


Galicia perdeu 13.988 habitantes en 2015 fronte a 2014 ata quedar nun total de 2.734.656 residentes, segundo as cifras provisionais de poboación do Instituto Nacional de Estatística (INE), ao 1 de xaneiro de 2016, publicadas este xoves. Este descenso en Galicia do 0,51% da súa poboación é máis elevado que a perda do 0,02% de media do Estado e as sexta maior caída porcentual entre comunidades.


De feito, a cifra que se perde de residentes no conxunto das autonomías é de 11.142 persoas, menos que toda a baixada na Comunidade galega, que de 13.988.


A perda de poboación en Galicia débese a un saldo vexetativo negativo de 12.269 persoas -máis mortes que nacementos-, unido a que houbo un movemento migratorio a outras comunidades de 1.882 residentes máis dos que chegaron á Comunidade galega. Con todo, o saldo migratorio co estranxeiro é positivo, xa que viñeron 163 persoas máis das que se foron a outros países.


En detalle, en 2015 producíronse 9.989 emigracións a outros países desde Galicia, pero houbo 10.152 inmigracións desde o estranxeiro á Comunidade galega, o que arroxa ese saldo positivo de 163 persoas.


Os 9.989 emigrantes ao estranxeiro desde Galicia en 2015 son 850 máis que as 9.139 fronte a 2014, un 9,3%, aínda que son 2.311 menos que as 12.300 que se chegaron a alcanzar en 2013.


En contraposición, os 10.152 inmigrantes chegados a Galicia procedentes do estranxeiro en 2015 son 1.332 máis que os 8.820 que entraron á Comunidade galega (+15,1%).


MÁIS GALEGOS MARCHAN A OUTRAS COMUNIDADES DOS QUE CHEGAN


No tocante á migración interior, en 2015 houbo 14.946 persoas residentes en Galicia que se marcharon a outras autonomías, fronte ás 13.063 persoas que chegaron a territorio galego procedente doutras rexións.


Eses 14.946 migrantes a outras comunidades desde Galicia en 2015 son 221 máis que os 14.725 de 2014 (+1,5%). Así mesmo, as 13.063 persoas que viñeron á Comunidade galega desde outras autonomías son 289 máis que en 2014. (+2,3%).


SOBE A EMIGRACIÓN DE ESPAÑOIS UN 23%


En canto aos españois, o fluxo tamén aumentou. O ano pasado marcharon 98.934, un 23% máis que en 2014, dos que 64.136 naceran en España. Mentres, regresaron ao país 52.227 nacionais, un 27,5% máis que no ano anterior, dos que ao redor da metade naceran noutros países. Ao final quedou un saldo negativo de 46.707 persoas, o máis elevado desde polo menos 2010.


O INE detalla que destes españois chegados ou retornados ao país, un 51,3% eran homes e na súa maioría, procedían de Venezuela (7.591), Francia (4.760) e Reino Unido (3.522).


Por contra, os principais receptores de emigración española foron Reino Unido, Francia, Alemaña, Estados Unidos e Ecuador, lugar ao que se dirixía fundamentalmente poboación nacionalizada e nados en España menores de 15 anos. En xeral, a emigración de españois concentrouse nos grupos de 25 a 44 anos.

relacionada ​A sangría demográfica galega continúa imparable
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE