#Claves de la semana

​Bruxelas tardou seis meses en publicar o informe por "procedemento"

A Comisión Europea xustifica que o prazo para "desclasificar" a información se cumpría este xoves.



|

Transportesbruxelas

A Comisión Europea achaca ao "procedemento" as razóns polas que tardou case seis meses en facer público un informe crítico coa investigación realizada polas autoridades españolas do accidente dun tren Alvia en Angrois, que deixou 80 mortos e máis de 150 feridos en xullo de 2013.


"O prazo que establece a regulación (para o acceso aos documentos) cumpriuse o 7 de xullo, é dicir, onte, e foi onte cando o fixemos público. Isto é, a Comisión seguiu os procedementos que marca a lei", defendeu a portavoz comunitaria de Transportes, Anna-Kaisa Itkonen, ao ser preguntada por se Bruxelas esperou á celebración das eleccións xerais do pasado 26 de xuño para dar a coñecer a información.


Itkonen non aclarou se Bruxelas contempla algunha medida futura polas críticas que recolle o informe europeo, aínda que outras fontes comunitarias sinalaron que en contactos informais e a nivel técnico o Executivo comunitario trasladou ás autoridades españois que espera que realicen unha nova investigación do ocorrido en Angrois.


A investigación europea, encargada pola propia Comisión Europea á axencia ferroviaria, pechou as súas conclusións a finais do mes de xaneiro, pero Bruxelas negouse a facelas públicas a pesar das reiteradas chamadas da vítimas.


O Executivo comunitario informara no pasado de que non podía revelar o contido do documento, porque o seu contido podería afectar o desenvolvemento dun expediente aberto contra España por un asunto non relacionado co accidente, pero que si afectaba o sector ferroviaria.


Tal expediente foi finalmente arquivado sen consecuencias para España o pasado mes de maio, pero tampouco entón Bruxelas aceptou mostrar o informe da Axencia Ferroviaria Europea.


A portavoz comunitaria admite que o procedemento de infracción en cuestión "abriuse antes do accidente", polo que non estaba directamente relacionado, pero recalcou que as normas non permiten á Comisión "desclasificar" información que poida afectar o curso do expediente.

relacionada A investigación de Angrois non foi independente e obviou "elementos clave"
relacionada ​Las víctimas del Alvia piden la dimisión de Ana Pastor: "nos mintió"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE