#Claves de la semana

​Sanidade defende que o peche de camas non prexudica os pacientes

O conselleiro asegura que se cobren as vacacións do persoal que sexan "necesarias para garantir idéntica calidade" que ao longo do ano.



|

Camas

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, compareceu no Pleno do Parlamento de Galicia para informar da reordenación asistencial do Servizo Galego de Saúde no verán, remarcando que se van manter operativas o 87% das camas. Ademais, incidiu en que, de seren precisas por unha necesidade asistencial, as camas poderían activarse en calquera intre.


Almuiña destacou que o peche de camas segue a política do Sergas de "mellorar a eficiencia na xestión e o uso racional dos recursos físicos e humanos, mantendo toda a actividade clínica que resulta posible e garantindo a atención naqueles procesos que non admiten demora".


O conselleiro incidiu en que se efectúan todas e cantas substitucións de persoal resultan "necesarias para garantir idéntica calidade na asistencia sanitaria da que se vén dispensando ao longo do resto do ano". O Sergas dá cobertura ás necesidades asistenciais, asegura, con nomeamentos temporais para atender as vacaións do persoal que dos distintos servizos e unidades.


Tal e como remarcou Almuiña, na época estival habitualmente os índices de ocupación hospitalaria diminúen. Isto sucede porque é tamén a estación do ano na que se observa unha "redución de determinadas patoloxías, como as respiratorias, responsables o resto do ano dun elevado número de ingresos hospitalarios". É tamén habitual que se aproveite esta época para facer intervencións de mellora e obras de mantemento nos centros e áreas que o precisan, afirmou.


O conselleiro subliñou que "o recurso cama non é o que determina o grao de eficacia do sistema" e defendeu que nos últimos anos se incrementou a actividade en áreas como os hospitais de día, a hospitalización a domicilio ou a Ciruxía Maior Ambulatoria. 

relacionada ​1.200 camas menos y desvíos de enfermos por los recortes estivales
relacionada O Hospital do Barbanza gaña 1.000 metros cadrados de superficie
relacionada ​Vázquez Almuíña: "el déficit crónico de camas ha desaparecido de Vigo"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE