#Claves de la semana

O Hospital do Barbanza gaña 1.000 metros cadrados de superficie

As obras amplían a zona de Urxencias, que aumentará o número de camas, e o acceso para as ambulancias.


|

Hospitalbarbanzaobras

O Hospital do Barbanza ampliará a súa zona de urxencias nuns 1.000 metros cadrados. A actuación centrarase na conversión dun espazo exterior para o uso asistencial que incrementará o número de camas de observación e a ampliación da zona de acceso de ambulancias.


O conselleiro de Sanidade, Vázquez Almuiña, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, asinaron este venres o convenio de colaboración polo que o Sergas se compremete a acometer as obras, segundo informou a Xunta nun comunicado.


Así, a superficie total de actuación é "duns 1.000 metros cadrados" e converterá un espazo exterior de acceso nunha zona de "uso asistencial do servizo de urxencias", que permitirá "incrementar a actual dispoñibilidade de camas de observación na área de urxencias".


Ademais da ampliación en "650 metros cadrados da primeira planta", entre os compromisos do Sergas tamén se inclúe a modificación dunha zona exterior que se destinará á área de acceso para ambulancias.


O conselleiro indicou que é unha "intervención importante" e que as obras de reforma se realizarán "de forma sectorizada co obxectivo de reducir o impacto no servizo e manter o seu uso durante a actuación".

relacionada ​Os traballadores de Ambunova sofren "atrasos reiterados" nas súas nóminas
relacionada ​Denuncian a subcontratación irregular nos servizos de limpeza do CHUS
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE