​Moción de censura en Mugardos

|

Mugardosmocion

No centro, Pilar Díaz. //@Esqueda Unida Mugardos Facebook


Tres dos grupos da oposición do Concello de Mugardos --Esquerda Unida, Iniciativa Cidadá de Mugardos e o BNG-- rexistraron a moción para desaloxar da alcaldía o PP, que goberna en minoría. Deciden desbancar o alcalde do PP por considerar que as súas ideas de goberno son coincidentes. Suman 8 concelleiros (3 de EU, 3 de Iniciativa e 2 BNG), fronte os 4 do PP. O PSOE ten un edil.


Pilar Díaz, de EU, que será previsiblemente a próxima alcaldesa manifestou que a coincidencia dos programas dos tres partidos se tiña que converter en "execución". En declaracións á Radio Galega, criticou que "non é baladí que durante todos estes meses levasemos múltiples mocións ao pleno e que ningunha fose executada por parte do Goberno. Polo tanto, agora había unha disfunción entre a maioría do pleno, a maioría cidadá e o goberno que nos estaba a gobernar".


O alcalde do PP, Juan Domingo de Deus, declara que marcha "co orgullo do traballo ben feito" e despois de detectar irregularidades nas contas dos gobernos anteriores. Salienta 18 millóns sen xustificar. "Despois de 18 anos de esquerda a xente quería saber a onde podiamos chegar. Só nos deixaron un ano porque supoño que se nos deixasen os 4 isto non tería volta atrás", defendeu.


Será no pleno extraordinario do próximo 12 de agosto cando a alcaldía previsiblemente pasará a mans de Pilar Díaz Otero, de Esquerda Unida.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress