#Claves de la semana

O primeiro que farían os economistas en Galicia sería baixar o IVE

Entre os expertos crece lixeiramente a percepción de que a economía galega vai peor. O problema máis urxente é, como non, o desemprego.


|

Economistasive


O 48,6% dos economistas galegos aposta pola redución do IVE como principal medida de política fiscal para impulsar o crecemento económico, segundo o 'Barómetro de Economía' realizado polo Consello Galego de Colexios de Economistas correspondente ao primeiro semestre de 2016.


De acordo coas conclusións do estudo, os profesionais consultados sinalan o cambio no imposto de sociedades e no IRPF como outros elementos claves da mellora económica.


Os datos foron presentados este luns na Coruña polo director da publicación, Venancio Salcines, e pola directora do estudo, María Jesús Freire Seoane, profesora titular do departamento de Análise Económica na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade da Coruña (UDC).


No acto, na sede colexial coruñesa, tamén participou o presidente do Consello e decano do Colexio de Economistas da Coruña, Miguel Vázquez Taín.


A FAVOR DA BAIXADA DO IVE


De acordo cos resultados desta enquisa, defenden a redución do IVE os enquisados dos sectores de servizos (66,7%), industria (54,6%) e banca e seguros (53,3%).


Mentres, os profesionais que traballan no sector da construción son os que demandan, en maior medida (50%), unha redución do IRPF. Os empregados no sector de consultoría e asesoría e os da Administración pública son os que indican, con maiores porcentaxes, que baixar o imposto de sociedades sería unha opción interesante para o crecemento.


SITUACIÓN DA ECONOMÍA GALEGA


Os datos sobre a percepción dos economistas respecto da situación da economía galega en relación ao ano anterior mostran que o 32,63% perciben a situación como "mellor", o 40,33% di que "igual" e o 27,04% cualifícana como "peor".


Se se compara a evolución desta opinión sobre a economía galega ao longo dos barómetros anteriores desde o ano 2010 ata o momento actual, os profesionais opinan que a economía se ha estabilizado, aínda que a cualificación de "peor" cambiou o seu signo descendente iniciado en 2012, crecendo neste primeiro semestre de 2016 ata máis de oito puntos.


Para o conxunto dos profesionais, o paro segue sendo o problema máis importante (72%), seguido da inadecuada dimensión da estrutura das empresas da comunidade (51%), o déficit de infraestruturas e comunicacións (41%), a debilidade na demanda interna/externa (37%), a escaseza de crédito (32%) e os custos laborais (30%).

relacionada ​Galicia crece por encima de la media
relacionada ​Un trabajador gallego tardaría casi 3 millones de años en amasar la fortuna de Amancio Ortega
relacionada ​Crece el número de empresas que echan el cierre
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE