#Claves de la semana

​Os cans abandonados no Camiño buscan refuxio

Máis de 70.000 sinaturas piden apoio institucional para paliar esta "cara oculta" da ruta de peregrinación.


|

Perrosabandonadosrefugio


Máis de 70.000 persoas asinaron a iniciativa da Asociación Protectora de Animais do Camiño de Santiago (APACA) na plataforma change.org, na que pide apoio para construír un refuxio que acolla aos cans abandonados no Camiño de Santiago.


A petición será entregada ao concello coruñés de Arzúa --onde a asociación exerce o seu labor-- e á conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Beatriz Mato, co obxectivo de que garantan un traballo de colaboración entre as institucións e APACA para constituír un refuxio "debidamente acondicionado, onde poder acubillar e atender a estes animais".


Segundo denuncia APACA, o Camiño de Santiago, patrimonio da Unesco, ten "unha cara oculta que poucos coñecen pero que a todos desagrada" e é a historia do abandono animal. "Cada día, máis e máis cans son abandonados no Camiño, e este problema necesita unha solución urxente", denunciou.


Neste sentido, a ONG explicou que é unha protectora sen ánimo de lucro, que se mantén con escasos recursos propios xa que non ten "ningún tipo" de apoio institucional. "Necesitamos axuda porque a nosa capacidade desbórdase", asegurou, para despois denunciar que cada día aumenta a cantidade de cans que teñen que atender.


"Estes animais ás veces son directamente abandonados e outras sinxelamente desubicados. Isto último débese ás prácticas habituais dalgúns peregrinos que, supoñemos inconscientemente, permiten que os cans os sigan na súa andanza para deixalos despois abandonados en pobos moi distantes da súa orixe. Os cans quedan desorientados, famentos e sen fogar", relatou.


Desde APACA también instan a "un Camiño con máis facilidades para que os peregrinos que queiran facer o camiño coas súas mascotas, non teñan tantos impedimentos á hora de entrar en locais, restaurantes, albergues, etc."


Por último, apuntou que en moitos casos os cans non teñen chips de identificación porque, segundo indicou APACA, reprodúcense entre as aldeas. "O problema agrávase aínda máis e traspasa a fronteira de Arzúa", remachou.

relacionada ​El último tramo del Camino clama por el bienestar de los animales abandonados
relacionada Medra o número de galegos que abandonan os seus animais domésticos
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE