#Claves de la semana

​Formoso respalda á xestora do PSdeG para pedir a Ferraz cambios nas listas

O órgano que lidera Pilar Cancela reuníase hoxe ás cinco do serán para deixar pechado o tema das listas do PSdeG, que deberán presentar ante as correspondentes xuntas electorais o vindeiro luns.


|

Gonzalezformoso


A Comisión Federal de Listas do PSOE reuníase hoxe ás 17.00 horas para pechar definitivamente a cuestión das candidaturas socialistas para as eleccións á Xunta de Galicia do vindeiro 25 de setembro.


O presidente da Deputación da Coruña, o socialista Valentín González Formoso, vén de expresar o seu respaldo á xestora do PSdeG para defender ante os órganos federais dos seus partido cambios nas candidaturas.


"Eu estou de acordo sempre coa xestora", respondeu á pregunta de se comparte as modificacións que propugna o órgano que lidera Pilar Cancela, á vista de que a Comisión Federal de Listas se reunía hoxe ás cinco do serán.


O vindeiro luns, 22 de agosto, conclúe o prazo do que os partidos dispoñen para presentar ante as correspondentes xuntas electorais a relación de candidatos.


“PRIMARIAS”


Tras poñer en valor estas "primarias", como as denominou González Formoso, restou importancia ás diverxencias internas xurdidas ao redor da confección das candidaturas. "É lóxico (...), porque cada un ten a aspiración lexítima de representar ao seu partido con ilusión e para tentar cambiar o seu país", apostilou".


Ao fío diso, cuestionado sobre se cre que eses desencontros poden afectar os resultados electorais, dixo que os socialistas galegos son xente "moi responsable". Así, instou a centrarse "unicamente" en trasladar á cidadanía "un proxecto ilusionante que sexa capaz de transmitir dinamismo".


POSIBLES CAMBIOS


En cuestión está a inclusión da actual portavoz parlamentaria, Patricia Vilán, xunto co vigués Gonzalo Caballero (un dos apoios de Xoaquín Fernández Leiceaga para gañar as primarias e converterse en candidato á Presidencia da Xunta) e o vilagarcián Xullo Torrado na lista pontevedresa.


No caso da candidatura coruñesa, Pablo Arangüena e Eva Martínez Montero poderían experimentar un ascenso en detrimento de nomes como o de Begoña Rodríguez Rumbo (Cerceda); mentres que na de Ourense os cambios que se estudan conciernen á líder local, Carmen Rodríguez Dacosta, actualmente situada no quinto posto.

relacionada Se mantiene la incógnita sobre las listas del PSdeG
relacionada ​El PSdeG avanza en las listas entre avisos de impugnación
relacionada ​Las listas electorales elevan la tensión interna que vive el PSdeG
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE