#Claves de la semana

​Haberá debate a cinco na CRTVG

Os cinco candidatos confirman a súa asistencia ao debate da CRTVG, moderado por Kiko Novoa e Marta Darriba, que será o próximo 12 de setembro en horario de máxima audiencia (21:30).


|

CRTVGdebate


As cinco forzas políticas chamadas a participar no debate electoral da Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) confirmaron a asistencia dos candidatos para presidir a Xunta a este encontro, que será moderado por Marta Darriba, presentadora do 'Bos Días' na TVG, e Kiko Novoa, locutor do magazine da RG 'Galicia por Diante'.


Como xa expuxeran, o debate producirase o vindeiro luns 12 de setembro nos estudos da TVG en San Marcos (Santiago) e emitirase simultaneamente pola televisión e radio públicas en horario de máxima audiencia (as 21,30 horas).


sí mesmo, os representantes dos distintos partidos xa se atopan en conversacións coa dirección do ente público para concretar os últimos detalles e para que todos participen en igualdade de tempos.


DEBATES “A DOUS”


Tanto o PSdeG coma o BNG reclamaran que querían “verse as caras” con Feijóo en debates a dous. Destas propostas polo momento non se sabe nada polo que se intúe que caeron en saco roto as peticións da nacionalista e o socialista. 

relacionada ​BNG y PSdeG reclaman debates televisivos “a dos” con Feijóo
relacionada ​A CRTVG ofrece un debate a cinco entre os candidatos á Xunta de Galicia
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE