PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS
CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS · CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
Galego Pressdigital Group
NOVAS EN GALEGO Galego
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora
# Claves de la semana
  • CRTVG
  • cambio de hora
  • xunta galicia
  • eólica

​Diana puido ser vista despois do seu último whatsApp

O concello da Pobra convocou ás oito e media desta tarde de mércores a todos aqueles interesados en participar nas labores de rastrexo da moza durante o xoves e o venres.

Redacción
Redacción
| miércoles, 31 de agosto de 2016, 12:43
  • 0
ARCHIVADO EN | diana quer Desaparicion Pobra do Caramiñal

Dianamariaquer


A búsqueda de Diana María Quer intensifícase despois de 11 días sen saber do seu paradeiro. Efectivos da Garda Civil rastrexan montes próximos á Curota e unha lancha busca por mar ante a posibilidade de que a moza puidese ter caído á auga accidentalmente ou empurrada por alguén. O Concello convoca agora a todos aqueles que poidan colaborar nas labouras de búsqueda para atopar a Diana.


A familia saúda a incorporación de voluntarios sempre que “os esforzos se fagan de modo coordinado a través da Garda Civil”, puntualiza o pai da moza. A intención é realizar batidas o xoves e o venres por toda a contorna.


NOVOS DATOS


Vanse coñecendo novos datos que axudan a reconstruir o paradeiro da moza antes de perdérselle a pista. Hai indicios que fan crer aos investigadores que foi á casa na que veraneaba antes de desaparecer. A familia xa informara a este respecto de que Diana non levaba DNI nin tarxetas, que foron atopadas neste mesmo domicilio. 


Tamén explicaron que a rapaza mantivera en días anteriores unha forte discusión coa súa nai que levou a esta e mais a irmá de Diana a sufrir unha crise de ansiedade, segundo testemuños de vecinos que as viron no ambulatorio.


Distintos medios afirman agora que a moza puido ter voltado ao centro da vila vestida cunha roupa diferente, posiblemente un mono negro, aínda que estas información non foron confirmadas pola garda civil nin pola familia.


O móvil de Diana é unha das chaves da investigación pois agora hai constancia de que a moza empregou o terminal media hora máis tarde do whatsApp que lle enviara ao seu amigo alertando de que un home a estaba chamando.


A este respecto efectivos da Garda Civil interrogan nas últimas horas fontes próximas á moza para recabar información que sexan de valor para a investigación.


Asimesmo a familia de Diana rexeita a idea do suicidio e a do secuestro a cambio de diñeiro, e insisten en que se trata dunha retención ilegal.


INVESTIGACIÓN


As incógnitas do caso seguen abertas, non se sabe con seguridade se a chamada a algún achegado en Madrid despois do famoso whatsapp se produciu, e tampouco se sabe con seguridade que pasase pola casa para cambiarse e volvese ao centro da vila. Segundo o pai da moza, teñen “testemuños de valor” que están guiando as investigacións.


En calquera caso cobran forza dúas liñas de investigación que serían ou ben a marcha voluntaria ou a acción violenta, mentres que o secuestro por cartos é unha hipótese que se vai enfriando e a familia descarta o suicidio.


relacionada ​Piden colaboración de voluntarios para a procura de Diana Quer
relacionada Atopan o DNI de Diana na casa na que veraneaba a familia Quer
relacionada El último whatsApp de la joven desaparecida: "Morena, ven aquí"
  • 0

La única newsletter de sanidad de Galicia

Recibirás próximamente un resumen de información especializada, plural y rigurosa de martes a sábado

Cabeceraultimahora

Un conductor ebrio trata de atropellar a agentes de la Policía Local de Lugo e insulta a clientes de un establecimiento

Fallece un operario tras caerse de una plataforma elevadora en Mañón (A Coruña)

Los casos activos de Covid caen en Galicia hasta los 805 y los hospitalizados por esta enfermedad se quedan en los 162

El Sergas publica las listas temporales de personal estatutario del ámbito de la biblioteconomía y documentación

Cabeceralomasleido 1
1
En estos municipios de Galicia ya hay más censados viviendo en el extranjero que en el propio pueblo
2
Visto para sentencia el juicio por vulneración del derecho a huelga presentado por trabajadores de Lidl en Narón
3
Afgano, refugiado, viudo y "con una vida normal": así es el terrorista que asesinó a dos mujeres en Lisboa
4
El extra de las pensiones no contributivas llegará en abril, antes de las elecciones, y no en otoño
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE
CLABE
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora