Estabilizado un lume en Verín que calcinou 50 hectáreas
Controlado tamén un incendio no municipio de Gondomar, que chegou ás 30 hectáreas; e extinguido o lume de San Cristovo de Cea que afectou a 176 hectáreas.

Ás 23:40 horas de onte quedou estabilizado o lume do concello ourensán de Verín, parroquia de Ábedes, que segundo as últimas estimacións de Medio Rural afectou unhas 50 hectáreas. O lume iniciouse o mércores ás 17:32 horas e no seu control traballan 1 técnico, 10 axentes, 18 brigadas, 8 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros e 7 avións.
Outro lume no concello pontevedrés de Gondomar quedou controlado ás 06:45 horas. Segundo as últimas estimacións afectou 30 hectáreas de monte raso. No operativo de extinción levan traballado 5 axentes, 13 brigadas, 11 motobombas e 2 pas.
Por último, ás 22:00 horas de onte quedou extinguido o incendio rexistrado no concello ourensán de San Cristovo de Cea, que, segundo as últimas estimacións, chegou ás 176 hectáreas, das cales 10 foron de arborado e o resto de monte raso. O lume iniciábase ás 19:23 horas do domingo e na súa extinción traballaron 2 técnicos, 23 axentes, 67 brigadas, 28 motobombas, 3 pas, 6 helicópteros e 3 avións.
Ecologistas alertan del peligro de incendio en Costa da Vela
Escribe tu comentario