#Claves de la semana

​Villares clama contra "os que gobernan sen presentarse ás eleccións"

O candidato de En Marea xustifica o seu salto á política porque era o momento de "deixar de preocuparse do que era legal ou ilegal e empezar a preocuparse sobre o que era xusto ou inxusto".


|

Villaresbeirasmarea


O candidato de En Marea á Presidencia da Xunta, Luís Villares, chamou a "tombar os muros" das leis feitas "polos que gobernan sen presentarse ás eleccións detrás dos que si se presentan".

Nun acto público celebrado na localidade ourensá de Verín, Villares indicou que lle resultou fácil "colgar a toga" e dar o salto á política porque sentía que era o momento de "deixar de preocuparse do que era legal ou ilegal e empezar a preocuparse sobre o que era xusto ou inxusto".

O cabeza de cartel estivo acompañado por Ánxeles Cuña e Ares Jiménez, número uno e seis, respectivamente, da candidatura ourensá de En Marea; así como polo coportavoz de Anova, Xosé Manuel Beiras, quen enxalzou a figura de Villares, un "maxistrado honesto e incorruptible que se arrisca a perdelo todo" para poñerse "ao servizo" dos cidadáns.

Así, Villares sinalou que comparte a "mesma loita" con Beiras porque forman parte da "mesma dignidade, de non conformarse de como eran as cousas", personalizada na candidatura de En Marea, unha "síntese" de movementos sociais previos que "quere traer un ferramenta útil a este país".

EN MAREA E PSDEG EN VERÍN

O acto de En Marea coincidiu, aínda que en puntos diferentes de Verín, con outro mítin do PSdeG no que estivo presente o candidato socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga. De feito, os representantes do partido instrumental tiveron que desviarse de camiño á praza onde se celebraba o seu acto para non pasar polo punto onde se reunían os socialistas.

Antes de chegar a Verín, a caravana de En Marea visitou varios puntos da zona afectada polo incendio forestal de Oimbra (Ourense), que arrasou máis de 2.000 hectáreas esta semana. Entre eles, a localidade de Espiño, que tivo que ser evacuada pola proximidade das chamas ás casas.


En relación a isto, Beiras acusou á Xunta de "eucaliptizar Galicia a servizo de Ence". "Calquera membro da Xunta que pasase por aí e non sentise vergoña, ou é un androide, e só teñen aparencia de ser humano, ou é un desalmado, ou un psicópata", apostilou.

PP "MIRA PARA OUTRO LADO"

Pola súa banda, a cabeza de lista por Ourense, Ánxeles Cuña, alertou de que "un terzo da provincia está en perigo real", xa que está á cabeza de España en "desemprego, en pensións baixas" pola "políticas inxustas e inmorais" do PP.

"O Parlamento debe parecerse a nós, á xente honrada, que é a maior parte da xente", indicou Cuña, antes de acusar ao PP de "mirar para outro lado mentres ve dor".

GALICIA "PIONEIRA"

Villares, que foi o encargado de pechar o acto, apuntou que Galicia, coas experiencias de AGE e as mareas municipais, foi "pioneira" en crear "lazos de complicidade política" ao redor dunha reivindicación común: "pan, traballo e teito". "Se temos tanto en común, como non ibamos a ser capaces de pactar para levar a cabo esa idea?", preguntouse.

Por último, e antes de clausurar o mítin co xa clásico berro de "hai marea", alertou de que "o galego é unha lingua prohibida parcialmente nas escolas", xa que existen materias "como as matemáticas, que non se poden explicar" no devandito idioma.

relacionada Beiras insta a "desprazar a mafia de San Caetano" o 25S
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE