Leiceaga aposta por darlle máis autonomía ás persoas con discapacidade

Impulsará unha estratexia galega de promoción da autonomía persoal e unha lei para o terceiro sector. 


|

Discapacidadleiceaga


O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, acompañado do secretario xeral do seu partido, Pedro Sánchez, mantivo este mércores unha reunión co Comité Español de Representantes de Persoas con Dispacidad (Cermi) en Galicia e, ao termo, anunciou que impulsará unha estratexia galega de promoción da autonomía persoal e unha lei para o terceiro sector.


Leiceaga explicou que as persoas con diversidade funcional sofren impedimentos en distintos ámbitos, como o educativo e o sanitario, así como no relativo ao transporte e a inserción laboral.


É por iso que, tras reivindicar que "no ADN" da súa formación está a igualdade de todos os cidadáns, o socialista asegurou que a estratexia de promoción da autonomía persoal desenvolverase, no caso de que alcance a Presidencia da Xunta, a través do "diálogo" coas entidades do terceiro sector, por ser quen "está a pé de obra".


Pensando nesas asociacións avanzou esa lei específica, que lles dará --dixo-- unha cobertura normativa "adecuada" para que poidan desenvolver o seu traballo dentro dun marco "estable". 


Trátase, como recalcou o aspirante socialista a liderar o Executivo autonómico, de que os fondos públicos que reciban estes colectivos non dependan de convenios puntuais se o seu obxectivo é financiar actividades de carácter estable. Por tanto, defendeu, debería haber unha colaboración fixa da Xunta que lles permita deseñar a súa programación "a medio-longo prazo" e, con iso, poidan gañar en "eficacia".


MEDIDAS ESPECÍFICAS


En canto ás medidas específicas que requiren as persoas con discapacidade, Leiceaga apostou por mellorar a adaptación do transporte público para "facilitar a súa integración", así como por dotar aos centros educativos de máis profesorado de apoio.


Neste sentido, interpretou que os seus xa anunciados compromisos de aumentar nunhas 4.000 persoas os persoais de profesionais educativos e sanitarios, permitirán atender as súas necesidades especiais.


E, para o ámbito do emprego, o socialista apostou por reforzar os centros de integración laboral para que "cumpran" a súa función e prometeu que unha administración dirixida por el cumprirá as normas e reservará --e "cubrirá"-- prazas nas ofertas de emprego público.


VOTANTES INDECISOS 


O candidato do PSdeG ademais lanzou este mércores unha apelación ao "alto número de indecisos" que reflicten as enquisas, aos que se dirixiu para garantirlles que o seu partido "vai estar á altura".


O socialista expuxo a esas persoas que non decidiron se ir votar ou a que opción política que existen "dous camiños", o de "os recortes e a privatización" que segue o PP e o do "reforzo dos servizos públicos" que defende o PSdeG.






relacionada ​Leiceaga promete un plan contra la pobreza infantil
relacionada ​Sánchez apela a "prejubilar" a Feijóo, a quen "só lle interesa o posto de Rajoy"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE