#Claves de la semana

​Juan Carlos Quer: "As expectativas de atopar a Diana con vida non son as mellores"

Critica que se filtrase a medios unha "suposta denuncia" da súa filla desparecida e pide "medidas para que xamais volva producirse".


|

Dianaquerfernandezdemesa


O pai de Diana Quer afirmou onte en Ribeira que , pese a que na investigación pola desaparición da súa filla diana se están a poñer "todos os esforzos humanos e recursos", o tempo "pasa" e aínda están abertas todas as hipóteses a respecto da desaparición de Diana Quer polo que o pai da moza reflexionou en voz alta dicindo que "non son ningún inxenuo. As expectativas de atopar á miña filla con vida non son as mellores".


Noutro punto da conversación, o pai de Diana volveu mostrar esta negatividade a respecto de atopar a moza con vida, dicindo que protexeu ás súas fillas "sempre", pero que a Diana pode que "non volva protexela". 


A familia Quer estaba de volta onte en Galicia para a comparecencia ante o Xulgado número 2 de Ribeira da irmá pequena de Diana, Valeria Quer, a respecto da custodia, ademais dunha exploración física e psíquica por parte dun forense.


O pai da moza madrileña Diana Quer, Juan Carlos Quer, aprobeitou para facer unhas declaracións aos medios a respecto de informacións que trascenderon sobre unha denuncia que, supostamente, Diana lle puxo a seu pai por non permitirlle ver á súa nai en maio deste ano. Juan Carlos Quer detallou que ata que contraeu matrimonio "xamais" na súa vida tivera unha denuncia e "soamente" por mor da demanda de divorcio que a súa muller instou "caeron 9 ou 10 denuncias que, por suposto, están todas arquivadas ou foron sobreseídas". "Lean entre liñas", abundou.


Así se manifestou nunha comparecencia ante os medios na que declinou aceptar preguntas á súa saída dos xulgados de Ribeira, que instrúen as causas da desaparición da súa filla Diana Quer o pasado 22 de agosto na Pobra do Caramiñal e a relativa á custodia da súa filla adolescente menor de idade.


Deste xeito quixo "saír ao paso dunhas noticias que apareceron" sobre a "suposta denuncia interposta" pola súa filla Diana "e posterior denuncia" da súa exmuller "de maio deste ano", sobre a que asegurou que coñece "polos medios de comunicación". "Estean vostedes na máis absoluta certeza de que non teño coñecemento delas", subliñou.


Neste sentido, instou aos fiscais a que "empecen a defender a todos os cidadáns, homes ou mulleres, pais ou nais". "Porque temos dereito a iso. Son un bo pai, son un señor e o único que fixen foi velar polo interese e coidado das miñas fillas e, desafortunadamente, salvo un milagre, non creo que chegue a poder protexer á miña filla Diana", sostivo.


Ao fío diso, dirixiuse a "todos os responsables políticos, a todos os responsables da Administración da Xustiza" para asegurar que "algo está a empezar a fallar e que o sistema non funciona como deus manda". "O dereito á honra, o dereito para protexer a intimidade, o dereito a que unha persoa se poida defender nos tribunais... Iso é algo que nos garante a Constitución a todos", reivindicou.


"E é unha auténtica vergoña que desde un xulgado se filtre unha información tan sensible nun momento tan sensible sobre unha cuestión tan sensible", reprochou. "Así que eu espero que os responsables da Fiscalía e dos medios xudiciais deste país adopten as medidas para que isto xamais volva producirse. Non porque a min me preocupe, asegúrolles que non me preocupa en absoluto", explicou.


DOCUMENTACIÓN ACHEGADA


Juan Carlos Quer relatou que "afortunadamente" depositou " neste xulgado (de Ribeira) tres arquivadores que desde o mes de decembro do ano 2013" acumula "con documentación probatoria da realidade de todo o que está a acontecer".


"Dixen que a Xustiza chegaba tarde, e reivindícoo, que chega tarde, e pódolles asegurar que non é este momento. Que todo isto acreditarase. E que, por iso, puxen en coñecemento dos xulgados pertinentes, en varias ocasións, non nunha, a existencia non soamente dunha manipulación atroz das miñas fillas, senón a existencia de nove denuncias penais, nove", manifestou para lembrar que todas elas foron arquivadas.


"ACHEGAR ALGO DE LUZ"


Sobre a investigación relativa á desaparición da súa filla Diana Quer, realizou un "último chamamento a todos os cidadáns españois" para que, na medida do posible, "se poden, acheguen algo de luz".


"Cónstame que na investigación está a poñerse por parte da Policía Xudicial, Dirección Xeral da Garda Civil, todos os esforzos humanos e os recursos técnicos para dar solución a este problema", valorou, para apostilar que "hai que confiar no seu traballo".


"Pola nosa banda confiar en deus e que Diana llo merece, home, que llo merece, que de verdade llo merece... que foi unha nena que... imos deixalo aí", dixo emocionado.


"A VERDADE NA VIDA REDÍMEO TODO"


Por último, por respecto ás súas fillas, Juan Carlos Quer subliñou na súa comparecencia diante dos xulgados de Ribeira que non volverá "facer ningunha declaración".


"Como lle dixen no último agasallo que lle fixen á miña filla Diana con 18 anos, regaleille un vídeo emotivo pero que tentaba de trasladar unha mensaxe de verdade e de reacción, terminaba cunha frase que lle dicía: Filla, a verdade na vida redímeo todo", lembrou. "E a verdade vai a redimir todo. Así que grazas polo seu tempo, respecto e amabilidade", concluíu.

relacionada O pai de Diana Quer: "Son un bo pai"
relacionada ​Diana Quer denunció a su padre en mayo por impedirle ver a su madre
relacionada Diana Quer pudo recorrer en coche hasta 20 kilómetros camino de Rianxo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE