​A Xunta Electoral amplía ata hoxe o prazo para votar por correo

|

Votocorreo


As oficinas de Correos de toda España admitirán ata este xoves, 22 de setembro, dentro do horario habitual de apertura de cada oficina, o depósito de votos por correo para as eleccións autonómicas aos parlamentos de Galicia e Euskadi que se celebrarán o vindeiro domingo 25 de setembro, segundo o acordo da Xunta Electoral Central adoptado este mércores.


Nun comunicado, Correos lembrou que este prazo finalizaba inicialmente este mércores, pero, grazas á decisión adoptada, os cidadáns que solicitasen exercer o seu dereito ao voto por correspondencia para os citados procesos electorais dispoñerán de máis tempo para depositar o sobre co seu voto, con carácter certificado e urxente, en calquera das oficinas postais.


Correos deberá asegurar a remisión en tempo hábil dos ditos votos ás mesas electorais na xornada electoral do domingo, 25 de setembro.

relacionada ​Case 40.000 persoas solicitaron o voto por correo en Galicia

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress