​A xuíza obriga ao xestor do 061 a presentar a proposta para abonar o que debe a operadores

|

061operadoras


A Xustiza obriga á empresa adxudicataria do servizo de operadores da central de coordinación do 061, Global Salgues Solution (GSS), a presentar antes do día 10 de outubro unha proposta de pago das cantidades que debe aos empregados. En caso contrario, pode verse abocada a un embargo de contas.


Diso informou o comité de empresa de operadores do 061, despois de que se celebrase a vista na que se demandou ao xuíz a execución da sentenza existente contra GSS ditada polo xulgado do social de Santiago en xuño de 2015.


Esa sentenza condena a GSS a anular as modificacións impostas en materia de condicións de traballo aos operadores a xornada laboral parcial, as cales consistían nun incremento de horas de traballo por encima do convenio, nin cotizadas nin cobradas.


Na vista pola execución da sentenza a xuíza "insistiu primeiro en que GSS ten que reverter xa as condicións laborais anteriores á mencionada modificación", segundo explica o comité de empresa.


"Segundo, debe pagar as cantidades que lles debe aos traballadores afectados e resolver os problemas de infracotización á Seguridade Social que se derivaron de todas estas irregularidades. E, terceiro, deixar de poñer a deber as xornadas de baixas médicas sobre os traballadores", sinala.


Así, o comité volve chamar á Xunta a que se faga cargo da situación e a que se lle esixa a GSS unha serie de condicionantes que garantan "dunha vez por todas" a dignidade dos operadores do 061.



relacionada Condiciones "precarias" y horas adeudadas para los operadores del 061

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Cabecerarecomendados 1
Cabeceraultimahora
Cabeceralomasleido 1


Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress