7 millóns para repoñer os danos dos lumes forestais

|

Incendioceaoseira


O Goberno galego avaliou este xoves dous informes da Consellería do Medio Rural sobre as axudas para a reposición dos danos causados polo lume e tamén sobre as actuacións urxentes para a recuperación do potencial forestal en zonas afectadas por esta problemática.


En total, Medio Rural destina case 7 millóns de euros a estas medidas. Case 6 millóns son para rexenerar as áreas queimadas, mediante a aplicación de diversas actuacións urxentes --xa en marcha-- de control de riscos hidrolóxicos erosivos, que reduzan os danos e contribúan a recuperar o potencial forestal.


Medio Rural tamén destina un millón de euros á compensación de perdas rexistradas por particulares por mor dos incendios.


En concreto, estas achegas servirán para a reposición de infraestruturas e equipamentos privados danados, así como para paliar os danos rexistrados nas explotacións agrícolas e gandeiras.


Por outra banda, a Xunta destina este ano un total de 300.000 euros a subvencionar os programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas. Nesta convocatoria, increméntanse os fondos nun 33 por cento con respecto ao pasado ano.


Destas axudas beneficiaranse 16 entidades galegas que realizaron, no seu conxunto, un investimento de 600.000 euros para esta finalidade.


relacionada ​"No llegan ni a los 900 euros en plena campaña de extinción"
relacionada Tres millóns de euros para recuperar as zonas afectadas polos incendios
relacionada ​"Os incendios non se solucionan cunha elevación de penas"

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Cabecerarecomendados 1
Cabeceraultimahora
Cabeceralomasleido 1


Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress