#Claves de la semana

A fin da campaña de verán devolve ao paro a 1.300 galegos

En setembro, a Seguridade Social perdeu en Galicia 6.200 afiliados. En España, o paro segue nos niveis máis baixos dos últimos anos, con 3.720.000 persoas.


|

Paroempregooficina


O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en setembro en Galicia en relación co mes anterior en 1.291 persoas (+0,67%), ata situar o total en 194.336 desempregados, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Emprego.


En comparación con setembro de 2015, con todo, a comunidade galega conta con 21.401 parados menos, o que supón un descenso do 9,92%.


No conxunto estatal, foron 22.801 persoas máis en paro respecto de agosto (+0,6%). Aínda así, o total de desempregados continuou nos seus niveis máis baixos do últimos sete anos ao situarse en 3.720.297 parados.


AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL


A Seguridade Social perdeu en setembro 6.218 afiliados en Galicia en relación co mes anterior, o que supón un descenso do 0,64%, ata situar o total de cotizantes en 972.887, de acordo coa información que fixo pública este martes o Ministerio de Emprego.


No conxunto estatal, os afiliados subiron unha media de 12.025 persoas (+0,07%) respecto de agosto, o que situou o número de ocupados en 17.712.021 cotizantes.

relacionada ​El segundo trimestre cierra con 4.900 parados menos en Galicia
relacionada El paro baja en casi 12.000 personas en julio
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE