400 establecementos de Compostela colaboran cunha campaña contra a violencia machista

|

Espaciolibreviolenciamachista


Case 400 establecementos e axentes sociais da cidade xa se adheriron á campaña contra a violencia de xénero 'Compostela en Negro', que terá lugar en Santiago entre os días 18 e 28 de novembro.


Así o confirmou a concelleira de Igualdade, Marta Lois, que certificou que a violencia contra as mulleres é un dos "problemas públicos máis graves" da sociedade actual.


Hai uns días o concello comezou a facer un chamamento para que os establecementos que o desexen se adhiran a esta campaña, unha confirmación que ha xa fixeron case 400 establecementos, dos que case a metade participan por primeira vez.


Na iniciativa tomarán parte numerosos pequenos establecementos da cidade, así como os centros comerciais Área Central, El Corte Inglés e As Cancelas, ademais da Praza de Abastos. En canto aos novos establecementos, destaca un incremento significativo no número de bares e restaurantes.


Unha das novidades máis importantes deste ano é que, dada a gran envergadura da campaña, desde o Consistorio trabállase tamén para conseguir patrocinios que axuden a asumir a produción do material que se vai a empregar.


Así, Gadisa xa se comprometeu a facer unha "importante achega" á campaña global, asumindo o custo dunha parte das camisetas que se produzan nos 16 concellos participantes. Ademais, R poñerá a disposición da campaña as súas dinámicas redes sociais.


No ámbito local, o Festival Cineuropa repite experiencia e, ademais de organizar o 25 de novembro unha sesión específica de películas que abordan esta temática, entre o 18 e o 28 de novembro proxectarase ao comezo de todos os filmes unha imaxe contra a violencia de xénero. A iniciativa contará coa participación tamén da Real Filharmonía de Galicia, que incorporará a imaxe da campaña ao concerto do día 24 no Auditorio de Galicia.


A Coruña, Ames, Cangas, Carballo, Ferrol, Lugo, Poio, Pontevedra, Ribadeo, Sada, Sarria, Teo, Tui, Vilalba e Zas son os 15 concellos que se suman á campaña impulsada o ano pasado desde Santiago para concienciar sobre a secuela da violencia de xénero.

relacionada ​"Cada vez hai máis denuncias de acoso entre os mozos"
relacionada Galicia rexistrou en 2015 a maior cifra do século de mortes por violencia machista

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress