#Claves de la semana

​Carmela Silva critica que Rajoy formase un Executivo sen galegos e non paritario

Ademais critica que "os grandes recortadores do país", De Guindos e Montoro, sigan á fronte das carteiras de Economía e Facenda


|

Carmelasilvaabelcaballero


A presidenta da Deputación de Pontevedra, a socialista Carmela Silva, sinalou sobre os ministros do novo Goberno que preside Mariano Rajoy que este Executivo é "continuista no económico", xa que tanto De Guindos como Montoro "os grandes recortadores do país" seguen á fronte das carteiras de Economía e Facenda.


Outra das críticas de Carmela Silva diríxese ao feito de que haxa oito homes e cinco mulleres. "A min gustaríame que houbese sete mulleres e seis homes", sinalou. A mandataria socialista lembrou que España xa tivo un goberno paritario no ano 2004 baixo a presidencia de José Luis Rodríguez Zapatero.


Silva indicou que nun momento no que unha muller como Hillary Clinton pode presidir os Estados Unidos de América. "Paréceme triste que un presidente como Rajoy non tivese un xesto de igualdade facendo que haxa un goberno paritario en España", afirmou.


"Tampouco entendo nin me gusta que non haxa ministros ou ministras galegas", engadiu a presidenta da Deputación de Pontevedra, porque cre que para "unha comunidade histórica con profundas demandas" como é Galicia, a presenza de galegos "axuda a que se teña unha visión e unha defensa máis clara da nosa comunidade".


Por iso, Carmela Silva definiu como unha "falta de atención e de sensibilidade" por parte de Mariano Rajoy que non inclúa a ningún paisano no seu Executivo.

relacionada ​El ministro de Fomento reclamó "responsabilidades políticas" por Angrois
relacionada ​Dudas sobre la "disposición al diálogo" del nuevo Ejecutivo
relacionada Seis nuevas caras en el Gobierno de Mariano Rajoy
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE