Dous intentos de violación "no mesmo edificio" en Lugo

|

Augasferreaslugo

Praza de Augas Férreas, na zona onde se produciron os sucesos.


A Policía Nacional investiga dous supostos intentos de violación denunciados nos últimos meses nun edificio na zona de Augas Férreas na cidade de Lugo.


Así o confirmou o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, que explicou que se investigan "dous episodios de intento violación, que se denunciaron nos últimos meses" na zona de Augas Ferreas na capital lucense, "e no mesmo edificio".


Carballo puntualizou que "de momento non se están dando máis datos". "Porque non queremos que a información destes datos poida rebentar a investigación que leva a cabo a Policía", afirmou.


Ademais, apuntou que "estes episodios poden gardar relación entre eles". "A Policía xa dispón de pistas de investigación que esperemos que dean os resultados esperados e así resolver as dúas denuncias e poñer á persoa ou persoas que puideron participar neses feitos delituosos a disposición da xustiza", comentou.


"A Policía, desde logo, que vai poñer todos os medios necesarios para que estes dous episodios se poidan resolver, pero tamén temos que entender que durante a investigación tampouco podemos dar ningún outro tipo de dato ou pistas que puidesen entorpecer ese traballo policial", subliñou.


Á súa vez, aproveitou para trasladar "unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía e que isto non se converta nunha alarma social". "Aínda que somos conscientes todos de que estes feitos en si mesmos xa crean moita alarma social", indicou.


COLABORACIÓN CIDADÁ


Ademais, Carballo convidou á cidadanía a que colabore "por se puidesen achegar algunha pista ou algún dato que poida ser interesante na investigación, que chamen á Policía e poñer eses datos a disposición da propia Policía".


Nesta liña, animou a que se "tomen certas medidas de precaución, a certas horas da noite, sobre todo nas entradas dos garaxes e dos edificios para tratar de previr".


"Insistir nesa colaboración, que calquera persoa que se poida ver afectada que presenten denuncia ante a Policía ou Garda Civil para poder perseguir e evitar este tipo de feitos, neste caso son feitos puntuais pero todos temos que traballar tamén a policía e a garda civil que van poñer todos os medios necesarios para esclarecer estes feitos", insistiu.

relacionada ​Suspendido en Pontevedra el juicio por una violación a una niña de 9 años en su casa
relacionada Acepta tres años de cárcel por agredir sexualmente dos peregrinas

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE