​Preto de 70 locais participan na nova edición do 'Santiago(é)tapas'

|

Santiagoetapasmejortapa2015Pata de vitela, castañas e Mexillón de Galicia Premio Xurado á Mellor Tapa 2015: Restaurante O Ferro // Twitter @Santiagoetapas 



Un total de 68 locais participan este ano no 'Santiago(é)tapas', que empeza este xoves e ata o domingo 4 de decembro ofrecerá máis dun centenar de petiscos (104) na capital galega.


A novena edición deste concurso foi presentada este martes en rolda de prensa pola concelleira de turismo, Marta Lois, e o xerente da Asociación Hostalería Compostela, Ramón García.


Na comparecencia, Lois avanzou que en 2017, coincidindo co décimo aniversario, celebrarase unha edición especial do 'Santiago(é)tapas'.


Este ano o prezo do petisco sobe a 2,5 euros e haberá cinco rutas --'(é)tapas'-- a modo de etapas do Camiño de Santiago, que se poderán percorrer para conseguir diferentes premios tras cubrir con selos o 'tapasporte'.


PREMIOS


A votación popular será a responsable de decidir tres premios: o primeiro Premio Tapa do Público 2016, dotado con 1.000 euros; o segundo, con 500 en produtos e o 'Premio (É)xcelente 2016', para o local con mellor servizo integral.


O xurado especializado visitará de incógnito os establecementos e escollerá a proposta gañadora do Premio do Xurado á Mellor Tapa 2016. Como novidade, outorgará unha mención especial 'Santiago(é)Cinema 2016' á tapa que, por título, técnica, produtos ou elaboración, estea vinculada ao mundo do cinema, en homenaxe aos 30 anos de Cineuropa.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress