#Claves de la semana

​Nin se ve nin se cheira, os perigos do monóxido de carbono

Este gas orixínase ao queimar leña ou gas. Para evitar unha intoxicación recoméndase ventilar con frecuencia e apagar as chamas durante a noite.


|

Chimenealenha


A Consellería de Sanidade lembrou aos cidadáns a importancia de protexerse ante intoxicacións por monóxido de carbono. E é que este é un gas que non se pode ver nin cheirar, e que se produce ao queimarse combustibles orgánicos como gas butano ou propano, gasolina, queroseno, gasóleo, carbón, petróleo ou madeira.


As chemineas, as caldeiras, os automóbiles e todos os aparellos domésticos que queiman combustible consomen osíxeno e producen monóxido de carbono, tal e como precisou o Goberno galego nun comunicado.


A intoxicación por monóxido de carbono, sinalou, pode ser fatal, pois se se respira en cantidade elevada pode causar a morte por intoxicación en poucos minutos. As mulleres embarazadas, os bebés, os nenos pequenos, as persoas maiores e as que padecen anemia, problemas de corazón ou respiratorios son as máis sensibles á súa presenza.


Os síntomas de intoxicación por monóxido de carbono son moi específicos e similares aos de enfermidades comúns como a gripe ou as intoxicacións por alimentos en mal estado.


En baixas concentracións no aire, o monóxido de carbono pode causar falta de alento, náuseas e mareos lixeiros. Con todo, ao incrementar a súa concentración, causa dores de cabeza, mareos e náuseas intensas, confusión mental progresiva e esvaecemento, chegando mesmo a causar a morte se se segue respirando durante un tempo suficiente.


Non é aconsellable a utilización dun braseiro tradicional de leña na vivenda, pero se é preciso facelo debe estar á vista, a estancia debe ventilarse con frecuencia e debe ser retirado ou apagado sempre durante as horas de sono.

relacionada ​Intoxicados cinco membros da mesma familia por inhalación de monóxido de carbono
relacionada Intoxicadas dúas persoas na Pastoriza (Lugo) pola mala combustión dunha cociña de leña
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE